|
CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/asemblea-da-cgt-da-coruna-7/ Export date: Wed Dec 3 0:47:27 2025 / +0000 GMT |
Asemblea da CGT da Coruña A CGT da Coruña convoca Asemblea Xeral para o día 23 de xaneiro, luns. Os temas a debater son os que figuran na Orde do Día do Pleno de Sindicatos de Galicia, que terá lugar entre os días 28 e 29 de xaneiro na propia localidade da Coruña, e que son, entre outros, a posición da CGT na situación actual e a organización dos sectores. Asimesmo, tratarase do nomeamento de Secretario Xeral da CGT da Galicia e a designación da sede do Secretariado Permanente. Tamén na Asemblea elixiranse os compañeiros que asistirán ao Pleno en representación da CGT da Coruña.Faise un chamamento á afiliación para que asista á Asemblea e contribúa para que os acordos sexan o mellores posibles. Comité Local da CGT da Coruña |
|
Post date: 2017-01-11 10:43:52 Post date GMT: 2017-01-11 09:43:52 Post modified date: 2017-01-19 18:16:19 Post modified date GMT: 2017-01-19 17:16:19 |
|
Export date: Wed Dec 3 0:47:27 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |