|
CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/as-marchas-da-dignidade-a-compostela-o-24-de-outubro/ Export date: Sat Oct 25 16:04:30 2025 / +0000 GMT |
As Marchas da Dignidade a Compostela, o 24 de outubro As Marchas da Dignidade, das que fai parte a CGT de Galicia, chaman a encher o Obradoiro nunha grande mobilización en Compostela, o vindeiro sábado 24 de Outubro. Varias columnas procedentes das diferentes cidades e vilas da Galiza van a confluir na Praza do Obradoiro, arredor das 12 do mediodía.Os autobuses das Marchas da Dignidade da Coruña sairán da Praza de Ourense ás 09:45 horas. A CGT da Coruña intégrase dentro da chamada Columna Norte, que partirá da explanada do antigo Mercado do Gando de Salgueiriños, ás 11 da mañá, marchando por Xoán XXIII e San Francisco até o Obradoiro. O regreso farase ás 14:30 horas desde a lanzadeira de autobuses que está sobre o aparcadoiro da rúa Xoán XXIII. Comité Local da CGT da Coruña |
|
Post date: 2015-10-21 16:07:29 Post date GMT: 2015-10-21 15:07:29 Post modified date: 2015-10-21 16:08:43 Post modified date GMT: 2015-10-21 15:08:43 |
|
Export date: Sat Oct 25 16:04:30 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |