post

 

Cartel de CGT Vigo para o 1 de maio, predominando as cores vermella, branca e negra propias da bandeira da CGT e o anarcosindicalismo. Na parte superior, un gran titular en branco sobre un fondo vermello escuro di: "1º de maio anarcosindicalista" co logo da CGT no medio que amosa dous puños entrelazados en sinal de solidariedade sobre unha bandeira negra e vermella. Debaixo, debuxado cun estilo de cómic, unha multitude diversa de persoas de distintas idades e xéneros nunha manifestación. Levan varias pancartas con mensaxes como "Pensións e salarios dignos", "Non á guerra", "Pola xornada laboral de 30 horas", "Sanidade pública e de calidade" e "Nin unha máis, nin unha menos" e bandeiras palestinas e da CGT. As persoas que están na fronte sosteñen unha gran pancarta con texto branco que di "Fronte á extrema dereita. Confederación General del Trabajo" sobre unha bandeira negra e vermella representativa do anarcosindicalismo. Programa 1 de maio CGT Vigo 11 h: Manifestación unitaria do sindicalismo combativo Saída conxunta co Sindicato Ferroviario e a CUT, dende Praza Fernando o Católico por Urzaiz 13 h: Xantar Reivindicativo Pikoteo e pinchada con "Un Dj Mediocre" no local. Opcións vexetarianas y carnívoras. CGT Vigo, Rúa Teixugueiras 24, Entrechán

A Fedración Local de sindicatos de CGT en Vigo presenta o se programa de actividades para o 1 de maio de 2026.

En primeiro lugar, ás 11 da mañá unirémonos á manifestación conxunta do sindicalismo combativo, xunto co Sindicato Ferroviario e a CUT, que sairá de Praza Fernando o Católico e percorrerá Urzaiz.

Despois da manifestación, reunirémonos na praza fronte á sede da Federación Local no número 24 da rúa Teixugueiras, no barrio de Navia, para un xantar de pikoteo aberto a todo ó público con opcións vexetarianas e carnívoras, acompañado de música por Un DJ Mediocre.

Por un sindicalismo combativo e antifascista, o 1 de maio plantamos cara á extrema dereita en defensa da clase traballadora!




Comparte esta entrada ...