post

 

A CGT DA CORUà‘A RECLAMA O COIDADO E A FIN DO ABANDONO DO MONÓLITO ADICADO ÁS VÍTIMAS DA REPRESIÓN DA FOLGA XERAL DE 1901 NA CIDADE

TAMÉN CONSIDERA QUE DEBE SER DECLARADO BEN DE INTERESE CULTURAL DE GALIZA

A CGT da Coruña presentou no Concello da Coruña unha solicitude referida ao monólito erixido en 1906 polas sociedades obreiras e por subscrición popular no Cemiterio de Santo Amaro da Coruña. A solicitude foi feita nestes términos:

"a)    Que no Cemiterio de Santo Amaro existe un monólito (consistente nunha columna tronzada), erixido en 1906 polas sociedades obreiras por subscrición popular en lembranza das vítimas de la represión da Folga Xeral de 1901 nesta cidade.

b)      Que este monumento ten especial relevancia e singularidade, como ben expón a propia páxina web municipal do Cemiterio.

c)       Que o estado da contorna é lamentable, estando ás veces bloqueado o acceso por contedores de lixo e outro material de obras. Así mesmo, o espazo de terra que hai ao pé da columna está nun estado de abandono total, "a monte".

d)      Que deterioro do monumento é evidente: as varandas que delimitan o espazo móvense, a pintura que nun tempo tivo o monumento está case desaparecida, algunha das placas é practicamente ilexible e os ornamentos presentan un deterioro xeral, coincidente co do resto do monumento.

Polo exposto,

S O L I C I T O :

1)      Que se amañe e arrombe a contorna eliminando os obstáculos para o acceso a este espazo.

2)      Que se limpe e asee o terreo ao pé do monólito.

3)      Que, tras os estudos necesarios se faga unha restauración completa do monumento, pola súa singularidade e relevancia especial dentro dos cemiterios municipais.

4)      Que, independentemente do anterior, se fagan as xestións necesarias para declarar o monumento Ben de Interese Cultural de Galicia."

Comité Local da CGT da Coruña




Comparte esta entrada ...