CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/a-coruna-manifestacion-contra-a-violencia-machista/ Export date: Sun Oct 6 7:00:26 2024 / +0000 GMT |
[A Coruña] Manifestación contra a violencia machistaEste venres, día 20, ás 20:30 horas, está convocada unha manifestación contra a violencia machista que partirá do Obelisco da Coruña e rematará na Delegación do Goberno. A CGT da Coruña acordou sumarse á manifestación convocada. Para a CGT a situación de violencia e morte que están sufrindo moitas mulleres é intolerable e hai que alzar a voz denunciando esta realidade. As estatísticas demostran que o número de mulleres asasinadas non está a diminuir de xeito apreciable, a pesar das lexislacións específicas e dos medios que, en teoría, se teñen postos para combatir esta lacra. Para a CGT, non se pode separar o que está acontecendo da existencia dunha sociedade xerarquizada, por moito que se fale de igualdade, na que unhas persoas son consideradas superiores a outras e poden decidir sobre as súas existencias. Por iso, é imprescindible a destrución da sociedade actual, patriarcal, racista, capitalista, xerarquizada e insolidaria, e a súa sustitución por unha sociedade libre, no que o apoio mutuo, a liberdade, a igualdade e a diversidade sexan os alicerces que a conformen. Comité Local da Coruña da CGT |
Post date: 2019-09-18 17:36:16 Post date GMT: 2019-09-18 16:36:16 Post modified date: 2019-09-18 17:49:38 Post modified date GMT: 2019-09-18 16:49:38 |
Export date: Sun Oct 6 7:00:26 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |