CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/a-coruna-luns-28-de-xaneiro-paremos-atento/
Export date: Sat Nov 2 11:48:56 2024 / +0000 GMT

[A Coruña] Luns 28 de xaneiro: paremos Atento




O Comité de Empresa de Atento A Coruña, do que forma parte a CGT, ven de facer público o seguinte comunicado:

"Van xa 8 meses dende que decidimos saír á rúa denunciar a nosa situación. Nese tempo, fixemos paros tódolos luns ata outubro, varias folgas de 24 horas, manifestacións… Finalmente, e grazas ao apoio e esforzo da maioría das compañeiras e compañeiros, o Comité suspendeu as mobilizacións coa sinatura dun acordo no que Atento se comprometía a paliar unha parte importante dos problemas que nos obrigaran a chegar aí.
Tras varias reunións de negociación, a empresa deu por resolto o conflito en decembro, decidindo incumprir o acordó na súa maioría, e anunciando que seguiría por ese camiño. Así que de novo estamos como hai oito meses: coa imposición de períodos de vacacións según o novo protocolo, que está a provocar unha marea de demandas nos xulgados, o anuncio de substituír a formación prometida por autoformación, non cumprir coa eliminación como obxectivo dun mínimo de chamadas recibidas, non baixar a presión sobre as pausas e o tempo entre chamadas, non mellorar os fallos nos sistema informáticos, e seguir xerando conflitos e elevando o nivel de estrés do persoal ata enfermarnos…
E a todo isto súmanse OITO despidos miserentos e inxustificados desde finais de decembro, os últimos deles coñecidos hoxe mesmo. TODOS baseados en mentiras, e seis deles a persoas que estaban de baixa médica.
O Comité de Empresa presentou un conflito colectivo contra a Empresa polo Protocolo de Vacacións e denunciou o incumprimento do acordo. E do mesmo xeito que se decidiu non suspender as mobilizacións o pasado ano ata ter asinado un acordo positivo, decidimos agora retomalas polo incumplimento do mesmo, e polo empeoramento das condicións de traballo. Pero o mais importante, ESTE COMITE DE EMPRESA NON QUEDARÁ SENTADO MENTRES ATENTO VAi EXECUTANDO DESPIDOS INDIVIDUAIS ATA DESMANTELAR O CENTRO DE TRABALLO. Porque sabemos que nada salvo a mobilización masiva poderá impedir que a empresa siga atrevéndose a fulminarnos. Sabemos que hai seccións sindicais que non apoian esta folga, as n1esmas que deixaron de apoiar as mobilizaciós antes de conseguir ningún acordo coa empresa. Pero que non nos enganen: non imos poder evitar mais despidos pola vía administrativa, só coa organización e a unidade de acción, e plantando cara aos abusos.
No Comité de Empresa tomouse a decisión mediante votación, e esta foi a opción maioritaria. As actas dos plenos do comité están expostos e á vosa disposición naa cristaleira.
NON MÁIS DESPIDOS!! NON MÁIS CHANTAXES!!

LUNS 28.01.2019
PARAMOS DE oo:oo A  02:00 H  
PARAMOS DE 12:00 A 14:00 H CONCENTRACIÓN DIANTE DE ATENTO
PARAMOS DE 18:00 A 20:00 H MANIFESTACIÓN

Post date: 2019-01-25 08:50:14
Post date GMT: 2019-01-25 07:50:14

Post modified date: 2019-01-25 08:50:14
Post modified date GMT: 2019-01-25 07:50:14

Export date: Sat Nov 2 11:48:56 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com