CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/a-cgt-rexeita-o-ere-proposto-en-renfe-e-convoca-folgas-no-sector-ferroviario/
Export date: Sun Nov 27 1:07:20 2022 / +0000 GMT

A CGT rexeita o ERE proposto en RENFE e convoca folgas no sector ferroviario


Dende o Sector Ferroviario de CGT-Galiza rexeitamos o E.R.E. que RENFE ten preparado para 2014 para os seus 13400 traballador@s e que anunciou o Presidente da compañía ferroviaria na sua comparecencia na Comisión de Fomento do Congreso, xa que esta medida de reducción de cadro de persoal no operador público ferroviario, ten a intención de aumentar a privatización das áreas de actividade de RENFE, onde xa hai moitísimos traballos que fan empresas externas (mantemento de trens, limpeza, información, checkin, venda de billetes, etc.) e facilitar a reducción de servizos ferroviarios.

mani_ferrocarril_madridDende a CGT defendemos o mantemento dos empregos no Sector Ferroviario, xa que tanto RENFE como ADIF son das empresas ferroviarias europeas con menor relación cadro de persoal/Km de vía, e maiores índices de productividade no sector, e unha nova reducción do volume do mesmo supoñería unha reducción da calidade do servizo ferroviario, xa que teríanse que privatizar actividades nos talleres, no mantemento da infraestructura, na atención o cliente, etc. xa de por sí moi minguados. Este E.R.E. supoñería o peche de talleres o traslado forzoso de traballadores/as, e a privatización de servizos, polo que CGT vai loitar contra as intencións do Ministerio de Fomento, tanto de reducir o cadro de persoal como de dividir a empresa en catro Sociedades Anónimas. Na Galiza o ERE afectaría a uns 160 traballadores/as de RENFE aproximadamente dos cales 38 son de Pontevedra, 64 de Coruña, 25 de Lugo e 33 de Ourense.

Ante a inminente fragmentación de Renfe en catro Sociedades Anónimas, aprobada o día 27 de setembro de 2013 no Consello de Ministros, ante a anunciada e próxima división de ADIF noutras dúas empresas, e ante as graves repercusións que iso terá no emprego do persoal ferroviario, tanto das empresas matrices como das Contratas e Subcontratas ferroviarias, nas condicións laborais dos traballadores que queden e no servizo que, a partir de aquí, se vai prestar á cidadanía, o Sector Ferroviario da CGT decidiu convocar ás seguintes mobilizacións.

Paros parciais:

  • Días 28, 29 e 30 de outubro.

  • Días 4, 8, 11, 15, 18, 22, 25 e 29 de novembro.


Folgas de 24 horas:

  • Días 31 de outubro, 5 e 20 de decembro


Sector Ferroviario da CGT de Galicia

Post date: 2013-10-09 22:24:22
Post date GMT: 2013-10-09 21:24:22

Post modified date: 2013-10-09 22:26:35
Post modified date GMT: 2013-10-09 21:26:35

Export date: Sun Nov 27 1:07:20 2022 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com