CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/a-cgt-gana-as-eleccions-sindicais-en-eurocen-e-zara-loxistica-na-coruna/ Export date: Thu May 1 6:23:30 2025 / +0000 GMT |
A CGT gaña as eleccións sindicais en Eurocen e Zara Loxística na Coruña![]() Na empresa Eurocen, do sector do telemarketing, a lista da CGT foi a candidatura mais votada, obtendo tamén o maior número de delegados, con 8 delegados. Tamén se celebraron votacións para a elección dos membros do comité de empresa de Zara Loxística do Grupo Inditex. Tamén neste caso, a candidatura da CGT foi a lista que obtivo un maior apoio entre os traballadores e traballadoras, resultando elixidos 7 delegados. Estes resultados amosan o crecemento do apoio entre a clase traballadora a unha acción sindical que enfronta con firmeza os ataques do capital e dos gobernos. Os traballadores e traballadoras teñen apostado con forza pola CGT e por un modelo sindical distinto que, dende o seu carácter asembleario e combativo, seguirá a traballar na defensa dos dereitos da clase obreira apostando pola autoxestión e a solidariedade. |
Post date: 2012-05-16 06:41:27 Post date GMT: 2012-05-16 05:41:27 Post modified date: 2012-05-16 06:41:27 Post modified date GMT: 2012-05-16 05:41:27 |
Export date: Thu May 1 6:23:30 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |