|
CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/a-cgt-denuncia-enchufismo-en-correos/ Export date: Wed Dec 3 17:02:19 2025 / +0000 GMT |
A CGT denuncia enchufismo en Correos A CGT en Correos ven de presentar denuncia á Inspección de Traballo pola contratación por parte da empresa pública Correos S.A.E de persoas sen estar nas listas de contratación e sen ter superado ningún tipo de proceso selectivo neste verán para traballar no Reparto e en Atención ao Cliente. A CGT tivo constancia destes contratos irregulares efectuados en Carballo, A Coruña e, especialmente, no pavillón postal que Correos ten perto do Aeroporto de Lavacolla.A CGT entende que nunha provincia con máis de 80000 persoas na procura de emprego, se Correos precisara a persoas para traballar debería ter acudido aos servizos públicos de emprego ou facer reabrir as bolsas de contratación eventual de xeito transparente e público a toda a cidadanía tal como lle indica o convenio colectivo en vigor. Desde o punto de vista da CGT Correos cometeu unha grave infracción na elaboración de contratos públicos ao non publicar en ningures as bases para a contratación, os méritos cuantificábeis nin ningún outro dos requisitos imprescindibles. Mais información no blog da Sección Sindical da CGT en Correos na Coruña 1 |
Links:
|
|
Post date: 2015-08-31 18:08:23 Post date GMT: 2015-08-31 17:08:23 Post modified date: 2015-08-31 18:08:23 Post modified date GMT: 2015-08-31 17:08:23 |
|
Export date: Wed Dec 3 17:02:19 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |