CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/a-cgt-de-galicia-non-se-adhire-a-alianza-social-galega/ Export date: Sun Oct 6 7:37:49 2024 / +0000 GMT |
A CGT de Galicia non se adhire á Alianza Social GalegaA CGT de Galicia adoptou o acordo, na súa última Plenaria, de non adherirse á Alianza Social Galega, constituida a semana pasada por varios sindicatos e organizacións. Os motivos da CGT para tomar esta resolución son, fundamentalmente e entre outros, os seguintes: a) O manifesto é unha declaración con moitas incongruencias e que dá cabida a todo tipo de reivindicacións, co único sentido de incluir as teimas de cada grupo, sen facer un discurso coherente. b) O manifesto afirma que os problemas de Galicia parten da falta de competencias do Parlamento galego e do ataque ao idioma por parte do goberno central, afirmación non só discutible e simplista, senón que reduce as expectativas de loita ao ámbito político, deixando á poboación como simple comparsa nas mobilizacións que se poden facer desde a Alianza. c) Elévase á categoría de principais forzas galegas aos autónomos, para os que se chega a pedir axudas individuais e para as súas organizacións, sen ningún tipo de discriminación e sen ter en conta que moitos deles son simples empresarios e explotadores do seu persoal. |
Post date: 2012-10-23 17:39:55 Post date GMT: 2012-10-23 16:39:55 Post modified date: 2012-10-23 17:41:00 Post modified date GMT: 2012-10-23 16:41:00 |
Export date: Sun Oct 6 7:37:49 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |