CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/a-cgt-da-coruna-apoia-a-concentracion-diante-do-ambulatorio-do-ventorrillo/
Export date: Thu Mar 28 9:16:04 2024 / +0000 GMT

A CGT da Coruña apoia a concentración diante do Ambulatorio do Ventorrillo




A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública da Coruña ten convocada unha concentración diante do Centro de Especialidades do Ventorrillo o mércores, día 13, ás 12 horas.  

A CGT da Coruña apoia esta mobilización e as que se fagan contra o contido da nova Lei de Sanidade presentada polo goberno de Feijóo. A desaparición de Áreas Sanitarias e, o que é peor, a entrada na sanidade pública de organizacións coma a Fundación Idis, entidade privada cuxo único interés é o lucro, así como o desmantelamento de varios CEIP e o incremento dos centros concertados, fan imprescindibles a mobilización.

A CGT da Coruña convoca aos afiliados que poidan asistir, así coma a simpatizantes e pobo en xeral a que acudan á concentración.

Máis información, picando aquí: https://defensasanidade.wordpress.com/2017/09/07/naturezaenperigo-7/#more-4682 1

Comité Local da CGT da Coruña

Links:
  1. https://defensasanidade.wordpress.com/2017/09/07/n aturezaenperigo-7/#more-4682
Post date: 2017-09-12 07:29:45
Post date GMT: 2017-09-12 06:29:45

Post modified date: 2017-09-12 07:29:45
Post modified date GMT: 2017-09-12 06:29:45

Export date: Thu Mar 28 9:16:04 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com