CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/a-cgt-convoca-un-paro-de-24-horas-nos-centros-de-extel-e-atento-en-coruna/ Export date: Wed Nov 13 22:35:34 2024 / +0000 GMT |
A CGT convoca un paro de 24 horas nos centros de Extel e Atento en CoruñaO venres 5 de xuño os traballadores de Extel - en toda España- e de Atento en Coruña están chamados a un paro de 24 horas. Coincidindo coa xornada de folga, a CGT xunto coa CIG convocou unha manifestación que partirá ás 12 horas dende Extel, -empresa situada en Matogrande- e percorrerá as rúas da cidade para rematar en Atento - na rúa Juan Flórez-. Esta folga é a continuación dos paros parciais que dende hai máis dun ano están a levar a cabo os traballadores e traballadoras de ambas as dúas contratas que prestan servizo para Movistar para esixir o cesamento das deplorables condicións laborais que padecen: presión excesiva, acoso, sancións, despedimentos constantes, cambios de horarios e de departamentos, exhaustivo control do traballo, seguimentos e gravacións indiscriminadas; ás que se suman a precariedade xeneralizada no sector do telemarketing, con salarios moi baixos, unha inestabilidade laboral constante e onde a maioría dos contratos son impostos a tempo parcial, con xornadas laborais de moi poucas horas que non permiten chegar a fin de mes. Con esta xornada de loita os traballadores e traballadoras pretenden rematar coa explotación laboral imperante e dar a coñecer que, mentres as empresas para as que traballan (Movistar, Atento e Extel) seguen engordando os seus beneficios, a súa situación laboral cada vez se agrava máis. |
Post date: 2015-06-03 20:23:42 Post date GMT: 2015-06-03 19:23:42 Post modified date: 2015-06-03 20:23:42 Post modified date GMT: 2015-06-03 19:23:42 |
Export date: Wed Nov 13 22:35:34 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |