Acto en lembranza das vítimas da represión durante a folga xeral de 1901 na Coruña

O vindeiro domingo, día 3 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza dos obreiros e obreiras que foron vítimas da represión durante a folga xeral (a coñecida como folga dos "consumeros") que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.
A homenaxe terá lugar fronte ao monolito que foi levantado polas sociedades obreiras coruñesas e sufragado por subscrición popular no ano 1906.

Ao seu término, farase outra ofrenda ante o conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza de tódolos represaliados polo franquismo.

Mais información sobre os sucesos de 1901: A folga de 1901

 

Nova concentración na Coruña pola liberdade de Laura

A CGT da Coruña convoca unha nova concentración para esixir a inmediata posta en liberdade da nosa compañeira Laura Gómez, secretaria de organización da CGT de Barcelona, que permanece encadeada inxustamente, baixo falsas acusacións, pola súa participación na Folga Xeral do pasado 29 de marzo. A concentración terá lugar o vindeiro sábado, día 19 de maio, ás 12:00, no Obelisco da Coruña.