|
CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/48-horas-de-folga-en-atento/ Export date: Tue Dec 23 0:15:45 2025 / +0000 GMT |
48 horas de folga en AtentoA CGT, ante a intenció n da empresa de abrir un proceso de modificación sustancial das condicións de traballo (son máis de 1.000 traballador@s afectad@s, 52 no centro de traballo da Coruña), decidiu a convocatoria de dous paros de 24 horas os días 28 e 31 de outubro.A CGT ven sostendo, durante a negociación, que non queda probada a causa aducida por Atento, que se escuda en Movistar, e que unha axuste como o que queren impoñer non ten por qué levar aparelladas peores condicións laborais para ninguén. Coincidindo cos paros, a CGT convoca concentracións diante da tenda de Movistar na Praza de Pontevedra, ás 19:00 horas. Coas mobilizacións a CGT esixe a retirada das inxustificadas modificacións, que implican perdas de salario cambios de turno a persoas en pluriemprego, rotacións de 9 días de traballo seguidos e imposición de quendas partidas, incluidos sábados e domingos, a compañeir@s que teñen redución de xornada por coidado de familiar, impedindo calquera forma de conciliación. Comité Local da Coruña da CGTÂ |
|
Post date: 2016-10-26 17:26:20 Post date GMT: 2016-10-26 16:26:20 Post modified date: 2016-10-28 16:54:44 Post modified date GMT: 2016-10-28 15:54:44 |
|
Export date: Tue Dec 23 0:15:45 2025 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |