CGT Galicia
http://www.cgtgalicia.org/29-s-manifestacion-en-vigo/
Export date: Tue May 14 15:27:59 2024 / +0000 GMT

29-S Manifestación en Vigo




Saída ás 20:00 dende a praza de fernando o católico

 

Tras a profundización dos recortes, reformas e ataques contra os e as traballadoras ao longo deste verán, que contrasta coa falta de vontade de dar unha resposta real e necesaria a estes ataques por parte do sindicalismo institucionalizado, reafirmámonos no convencemento de que chegou o momento de saír xuntos á rúa a dicir Basta !, pondo en marcha, sen

máis demora, o proceso cara a unha folga xeral con capacidade de enfrontar a actual ofensiva capitalista e avanzar na conquista de novos dereitos sociais.

A xornada de mobilización do 29S é o primeiro paso dun calendario de mobilizacións que queremos concretar, xunto ás organizacións que se incorporen ao proceso, ao redor dunha xornada de loita para mediados de outubro e manifestacións estatais no mes de novembro, co fin de centrar nas reivindicacións obreiras da reparto do traballo e da riqueza, a defensa dos servizos públicos e os dereitos sociais, desde a perspectiva dun cambio radical do sistema económico, o debate social e político.

A este fin, o próximo 21 de setembro celebraremos unha conferencia no local sindical, será ás 19:00. En dita conferencia abordarase a reforma laboral e darase a coñecer o contido da campaña Confederal deste outono. Contaremos ca presencia de Luis Romón, Secretario de Organización do Secretariado Permanente da CGT do estado e de Jacinto Medrano, membro do Gabinete Xurídico Confederal.
Chamamos aos traballadores e traballadoras, en activo ou en paro, aos estudantes, aos afectados e afectadas polos recortes dos servizos públicos, aos movementos sociais, a quen desde as asembleas en prazas e barrios comparten a necesidade da mobilización cara a unha folga xeral, a facer súa e participar nesta convocatoria, a saír á rúa o 29S, a difundila nos centros de traballo e nos barrios e pobos, para facela efectiva e real nos distintos territorios e localidades.

29S - A loita está na rúa - Cara á Folga XERAL
Post date: 2011-09-17 11:53:56
Post date GMT: 2011-09-17 10:53:56

Post modified date: 2011-09-19 19:49:09
Post modified date GMT: 2011-09-19 18:49:09

Export date: Tue May 14 15:27:59 2024 / +0000 GMT
This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com