CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/28-de-xuno-dia-internacional-polos-dereitos-das-persoas-lgtbiq/ Export date: Sun Oct 6 6:55:02 2024 / +0000 GMT |
28 de xuño, Día Internacional polos dereitos das persoas LGTBIQ+O día 28 de xuño é o día no que as rúas volverán encherse de música, color, diversidade, disidencia… de vida. É o Día Internacional polos dereitos das persoas LGTBIQ+. Tamén na Coruña volverá celebrarse este día e a CGT da Coruña, como en anos anteriores, apoia esta convocatoria. Concretamente, a manifestación sairá da Praza de Ourense, ás 19:30 horas. Temos que saír á rúa a reivindicar os dereitos das persoas LGTBIQ+, ás que vemos como son discriminadas e agredidas casi a diario pola súa condición sexual e podemos comprobar como estas agresións van en aumento ano tras ano. A impunidade con que os medios de comunicación fanse eco das mensaxes de odio da extrema dereita, así como o propio avance que esta extrema dereita está tendo, fan que mobilizacións como esta sexan máis necesarias que nunca. Desde a CGT da Coruña animamos á afiliación e á sociedade en xeral a participar nas diferentes mobilizacións e actos que se convoquen. Temos que respostar con contundecia de xeito que estas reivindicacións non queden tan so nos actos que se celebren durante esta semana, senón que, a diario, nos nosos barrios, nas nosas ciudades, nos nosos centros de traballo… reivndiquemos con orgullo os dereitos das persoas LGTBIQ+. O NOSO ORGULLO FREARÁ O SEU ODIO Comité Local da CGT da Coruña |
Post date: 2023-06-27 16:35:46 Post date GMT: 2023-06-27 16:35:46 Post modified date: 2023-06-27 16:35:48 Post modified date GMT: 2023-06-27 16:35:48 |
Export date: Sun Oct 6 6:55:02 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |