CGT Galicia http://www.cgtgalicia.org/24-de-decembro-novo-paro-de-24-horas-en-atento/ Export date: Wed Dec 11 16:00:54 2024 / +0000 GMT |
24 de decembro, novo paro de 24 horas en AtentoOS PAROS DE DÚAS HORAS OS VENRES RETOMARANSE O 8 DE XANEIRO Continúan as movilizacións iniciadas a finales de outubro para esixir a retirada da medida tomada por Atento de obrigar a volver a traballar no centro a un grupo de traballadores e traballadoras. Esta semana, e despois de ter coñecemento de que  a empresa incluíu unha nova claúsula ao acordo de traballo a distancia para quenes se incorporen a partir de agora ao teletraballo na que supedita o poder traballar nos domicilios aos datos que obteña, o Comité de Empresa convoca un novo paro de 24 horas o día 24 de decembro. Para o Comité de Empresa esta clausula é un novo abuso da empresa, ao obrigar ás e ós traballadores a asinala para poder ir a traballar as suas casas e así non por en perigo a sua saúde. Os e as traballadoras queremos denunciar que con esta nova clausula Atento pretende lexitimar a medida pola que levamos casi dous meses mobilizándonos e queremos recordar a Atento e o seu cliente Movistar que a nosa saúde está por riba de calquera interes empresarial, e que a partir do 8 de xaneiro continuaremos cos paros de dúas horas os venres, ao final das nosa xornadas, mentres continúen poñendo en perigo as nosas vidas. O Comité de Empresa seguerá a esixir o teletraballo durante a pandemia para garantir a nosa saúde, É importante recordar que o traballo realizado no sector do telemárquetin se pode facer indiscutiblemente a distancia, tal e como está a realizar a maioría do persoal de Atento hai meses. Comité de Empresa (do que forma parte a CGT) de Atento-A Coruña |
Post date: 2020-12-18 13:12:51 Post date GMT: 2020-12-18 12:12:51 Post modified date: 2020-12-18 13:12:52 Post modified date GMT: 2020-12-18 12:12:52 |
Export date: Wed Dec 11 16:00:54 2024 / +0000 GMT This page was exported from CGT Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ] Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com |