post

 

A importancia da folga do Metal na provincia de Cádiz está fóra de toda dúbida. Só hai que pensar no enorme eco acadado nos medios de comunicación.

Non foi para menos. Nesa folga vimos un nivel de combatividade, masividade e solidariedade do resto da clase traballadora descoñecido desde hai décadas.

De feito, algún medio chegouna a cualificar de “estoupido popular”. Estivo bastante atinado: esa folga foi moito máis ca unha folga. Foi unha auténtica REBELIÓN OBREIRA contra a precariedade, contra os baixos salarios, contra a degradación das condicións de vida e traballo da clase obreira.

Por iso foi vista con tanta simpatía en todo o Estado español. E por iso foi tan rapidamente abortada por CCOO e UGT, que se esforzan en manter esta paz social dos cemiterios na que estamos instalados.

Para dar a coñecer esta loita exemplar e chea de dignidade obreira, a CGT de Navantia-Ferrol, xunto co Sindicato de Estudantes e Esquerda Revolucionaria, organiza un ACTO PÚBLICO no que falará Antonio Muñoz, traballador das compañías auxiliares de Navantia San Fernando, membro da CGT e un dos dirixentes da folga.

Lugar: Centro Cívico de Caranza (avda. Castelao, s/n)

Día: XOVES 16 de decembro

Hora: 19:30




Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email