post

 

Este conflito colectivo abrangue as novas condicións da bolsas rurais e as cláusulas incorporadas pola porta de atrás xs compañeirxs rurais da última consolidacición, nas que se remarca que o traballador «comprometerase  a aportar o vehículo adecuado para o desempeño das funcións». A nosa campaña de denuncia xa comezara no 2020 diante da Inspección de Traballo que nos instou a a acudir ao xulgado ante as nosas denuncias masivas. Así o fixemos, e logo de que Correos non aceptou a nosa conciliación previa, celebrada o pasado 20 de outu­ bro, dende CGT presentamos Conflito Colectivo pola modificación que introducíu Correos nos contratos do persoal que entrou como fixo no eido rural na última consolidación e nas novas bolsas de rurais.

Que por medo del presente escrito, vengo presentar solicitud DE CONCILIACION ADMINISTRATIVA  PREVIA A LA JUDICIAL ANTE LA INTERPOSICIÓN DE UN CONFLICTO COLECTIVO, conforme a lo establecido en el artículo 156.1 de  la  Ley  36/2011 de la jurisdicción Social POR EL AJUSTAMIENTO A LA LEGAUDAO DE LA CLÁSULA NOVENA DE LOS CONTRATOS DE TRABAJO OEL PERSONAL RURAL DONDE SE CONCRETA LA OBLIGACIÓN DE APORTACIÓN  DE VEHÍCULO.

Cláusula abusiva

Dende CGT entendemos que a cláusula novena dos novos contratos é unha cláusula abusiva, posto que carga @s  traballadores/as  con  toda  a  responsabilidade  da  aportación  dun  vehículo  indeterminadamente»adecuado»,sen especificar en ningún momento a que tipo de vehículo se refire e que características debe ter. Esta cláusula,a pesar de ter sido incorporada nos novos contratos dxs compañeirxs que entraron na últi­ma adxudicación, xa se está tentando aplicar pola porta de atrás a outro persoal, como no caso dun compa ñeiro funcionario da contorna da Coruña, onde se lle recordan, por escrito, certas supostas obrigas relacionadas con esta cláusula incluso insinuándolle a «extinción do contrato». É dicir: que Correos pretende, en calquera momento, considerar que o vehículo no que levas repartindo 15 anos agora non serve e debes achegar outro, baixo a ameaza de despido ou decaemento da bolsa, como xa fixeron verbalmente co persoal eventual con contratos en zonas rurais a comezos de outubro e logo tive­ ron que recuar. CGT non vai consentir este atropelo e este abuso.

Coaccións para cargar cos custos das modificación s de seguridade

Outra das actuacións denunciadas é que a empresa quere que @s traballadores/as realicemos as modificacións de seguridade pertinentes nos nosos vehículos para que cumpran a normativa. Mediante ameazas e/ou coaccións tratan de que nos fagamos cargo de tódolos custos. Coa formación das novas bolsas houbo nume rosas chamadas a compañer@s ameazando que debían achegar un vehículo «adecuado» ou poderían decaer da bolsa. CGT xa denunciamos multitude de veces que non cabe realizar ningunha modificación a un turismo para habilita lo para o transporte de mercadorías, simplemente non é posible legalmente e que non debemos transportar ningún obxecto fose do maleteiro. Loita que desde CGT vimos desenvolvendo desde hai anos.

En definitiva, CGT denunciamos todas estas prácticas abusivas por parte da directiva que tratan de trasladar ao persoal a responsabil dade de algo exclusivo de Correos; a garantía da seguridade da súa actividade laboral.

Pola retirada da cláusula abusiva e por unha solución definitiva para o persoal rural.

Sección Sindical de CGT en Correos – A Coruña




Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email