post

 

Prazas operarios-empregados sénior

Está pendente de publicarse a lista definitiva de admitidos/as a exame.
Algunhas reclamacións aportaron un documento chamado “Relación de comunicacións da contratación laboral dun traballador”, obtido en persoa nunha oficina pública de emprego e no que figura a profesión exercida. Ó ser oficiais, obviamente aceptáronse tales documentos.
Pero tamén se puxo de manifesto que Navantia non tivo en conta eses documentos á hora de elaborar as 2ª listas provisorias. A CGT entende que este erro debe ser subsanado de oficio.
Non compartimos a postura dos restantes sindicatos, que defenden que só se corrixa naqueles casos en que o afectado/a presentou reclamación.
¿Sería xusto que alguén que cumpre tódolos requisitos ficase excluído por un erro do que non ten absolutamente ningunha culpa? Na nosa opinión, NON.
Se Navantia fixo as cousas mal, terá que facelas ben. Este erro debe ser corrixido con independencia de se os afectados presentaron reclamación ou non.

Prazas de bombeiros

No portal de emprego de Navantia están publicadas dúas convocatoria de “Técnico de Emerxencia,
Seguridade e Saúde Laboral” (bombeiro). Son 3 prazas sénior (4 ou máis anos de experiencia laboral na profesión) e 5 prazas júnior (menos de 4 anos).
En ambos casos, o prazo de inscrición comezará o 30 de agosto e rematará o 10 de setembro. NON será válida ningunha inscrición realizada antes do inicio do prazo ou despois do seu remate.
As bases destas convocatorias están publicadas tanto na sección “Ofertas de emprego” como na sección “Listados e comunicacións” do portal de emprego de Navantia.
Pero as bases das prazas júnior publicadas na sección “Listados e comunicacións” están incompletas (en concreto, falta o gráfico explicativo do circuíto de velocidade). Xa se lle comunicou á empresa para que o corrixa.
Así que é recomendable mirar as bases publicadas na sección “Ofertas de emprego”. Ademais, nesta sección publicouse esta semana unha nota aclaratoria ás bases, que non se publicou na sección de “Listados”.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol




Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email