post

 

Ó longo deste mes estivéronse analizando as reclamacións das segundas listas provisorias destas prazas.

Dadas as circunstancias deste proceso, a CGT defendeu que o comité de empresa debía revisar tódalas reclamacións presentadas, non só as recibidas polo comité. Pero isto non foi asumido polo resto dos sindicatos.

A CGT considera que o comité debe garantir a xusteza do proceso para todo o mundo. Un comité de empresa non é un instrumento ó servizo dos sindicatos; é un órgano que representa ó conxunto dos traballadores/as e que debe velar polos intereses de todo o mundo, con afiliación sindical ou sen ela.

De feito, a análise das reclamacións puxo de manifesto a necesidade de revisar tódalas reclamacións porque se detectou un novo erro á hora de elaborar estas segundas listas provisorias: non se tiveron en conta os documentos “Relación de comunicacións da contratación laboral dun traballador” obtidos presencialmente nunha oficina pública de emprego.

Isto púxose de manifesto cando apareceu unha reclamación que aportaba un deses documentos. Como é lóxico, sendo un certificado oficial, decideuse que tiña que ser válido. Pero a partir de aí abreuse o debate sobre se corrixir a situación en tódolos casos similares ou só nos casos en que a persoa afectada teña presentada unha reclamación.

A postura da CGT é clara: dada a natureza do erro, debe subsanarse con independencia de se os posibles afectados presentaron reclamación ou non.

Os prexudicados non fixeron nada mal nin teñen culpa de nada.

Sección Sindical Unitaria de CGT-Ferrol




Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email