post

 

Organizadas polo Ateneo Libertario de Pontevedra, coa colaboración de CGT, terá lugar en Pontevedra, durante os meses de marzo e abril, a celebración dunha Exposición e diversos actos en homenaxe ó gran anarquista ruso Piotr Kropotkin (Moscú, 1842 – Dmitrov, 1921) con motivo de l00 cabodano de súa morte.

As proxeccións fílmicas, o club de lectura e o obradoiro de cartaces terán lugar na sede do Ateneo Libertario de Pontevedra (rúa Pasantería 1, 3o andar), mentras a Exposición e as charlas terán lugar na Sala VerSus da Fundación Cuña-Casasbellas (r/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12). 

Programa

25 de marzo, ás 19:00h – Inauguración da Exposición na Sala VerSus da Fundación Cuña-Casasbellas. Presentación a cargo de Anna Kulyk e Miguel Á. Cuña + Actuación musical de Adán e Clarisa.

Na Exposición: libros e debuxos de Piotr Kropotkin; xornais, revistas e fotos de finais do século XIX e comezos do XX; obras orixinais de Anna Kulyk, Adán Solla, Clarisa Pereira, Grupo Anarquista Higinio Carrocera e outros artistas anónimos; material audiovisual de Herman Axelbank e do funeral de Kropotkin (autores descoñecidos).

A través das fotografías, mapas, pinturas, panfletos, cartaces, debuxos, xornais, arquivo audiovisual, libros, obras orixinais feitas polo Ateneo e todo tipo de materiais relacionados coa vida e a obra de Kropotkin –e do movemento anarquista internacional entre 1842 e 1921 (e máis alá)–, amósanse os acontecementos destacados da súa vida, así como se resaltan as súas ideas e reflexións sobre os asuntos máis importantes do seu tempo –e aínda actuais no noso–: o cárcere, a loita revolucionaria, o concepto de anarquismo, o antimilitarismo ou a importancia do apoio mutuo para o desenvolvemento humano.

26 de marzo, ás 19:00h – Charla, a cargo do historiador Eliseo Fernández: “Kropotkin na Galiza: recepción e influencia do pensamento kropotkiniano no anarquismo Galego”.

27 de marzo, ás 19:00h – Charla a cargo de Jordi Maiz: “El anarquismo de Piotr Kropotkin (1842-1921): activismo, compromiso y legado”. Jordi Maiz é historiador e profesor en Baleares da UNED e Instituto, autor entre outros libros de “El otoño de Kropotkin. Entre guerras y revoluciones (1905 – 1921)

7 de abril, ás 19:00h – Proxección do film “Winstanley” (Kevin Brownlow, 1975, Inglaterra, 95 min.)

14 de abril, de 16:00h a 22:00h – “Obradoiro de fabricación de cartaces”, Alouette machine. É necesaria inscrición previa. Prazas limitadas. 

21 de abril, ás 19:00h – Proxección “Casas Viejas: el grito del sur” (Basilio Martín Patino, 1997, España, 62 min.)

28 de abril, ás 19:00h – Clube de lectura “O apoio mutuo. Un factor de evolución”.

1 de maio, ás 20:00h – Concerto: Columna vegana (PoP LiBertario) + artista invitada. Lugar do concerto pendente de confirmación.

Mes de maio – Pendentes de confirmación palestras, obradoiros, proxeccións e  lecturas.

 Os venres, 9, 16, 23 e 30 de abril, a partir das 19:00h, haberá visitas guiadas da Exposición, a cargo do Ateneo Libertario de Pontevedra. A Exposición “Kropotkin” permanecerá aberta ó público na Sala VerSus, de martes a venres dende as 5,30h da tarde a 21:00h.

Ateneo Libertario de Pontevedra

CGT Pontevedra




Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email