post

 

SEGUIMOS ESIXINDO VOLVER A TRABALLAR NA CASA COMO MAIOR GARANTÍA PARA A NOSA SAÚDE

            A mediados do pasado mes de outubro Atento decidiu obrigar a traballar presencialmente a 17 compañeiras e compañeiros. Para o comité de empresa esta decisión é un grave incumprimento da obriga de Atento de garantir a saúde dos e das traballadoras; poñendo en risco ademais a das nosas familias de maneira innecesaria, posto que o traballo pode realizarse telematicamente dende os nosos domicilios (como ven sendo habitual dende pouco despois da declaración do estado de alarma pola pandemia).

Recentemente a empresa decidiu reincidir –teimuda- comunicando a máis traballadoras a súa volta obrigada ao traballo presencial, malia que días atrás se confirmara un caso de positivo por covid no centro de traballo. Atento xustifica novamente esta infame medida nuns supostos malos resultados (arbitrarios e modificados ao antollo dos seus intereses) dos que responsabiliza sen recato ás persoas afectadas.

Para este comité tanto Atento como o seu cliente Movistar priorizan os seus beneficios por riba do benestar de quen os xeneramos. Seguiremos esixindo o teletraballo como o medio máis eficaz e seguro de preservar a nosa saúde en tempos de pandemia. Non descartamos intensificar as mobilizacións na procura de que Atento recapacite e non nos expoña gratuitamente a riscos innecesarios para a saúde.

Comité de Empresa de Atento – A Coruña




Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email