post

 

O Comité de Empresa de Teleperformance A Coruña, do que forma parte a CGT, fixo público o seguinte comunicado:
«O Comité de empesa de Teleperformance Coruña denuncia que, aproveitando a crise sanitaria de Covid-19, quere imprantar o teletraballo de forma unilateral e abusiva.
Teleperformance obriga ós seus traballadorxs a asumir todos os costes xerados polo traballo no domicilio (equipos, conexión a internet, luz…) sen recibir ningunha contraprestación.
Así mesmo desconta das nóminas dxs traballadorxs importes de ata 200€ por incidencias informáticas responsabilidade de Teleperformance derivadas da falla de inversión á hora de implementar o teletraballo. Xs traballadorxs están pagando por traballar.
Esta ilegalidade púxose en coñecemento de Inspección de Traballo e o Comité de empresa no día de hoxe, decidiu interpoñer conflicto colectivo.
Teleperformance emprega unha medida preventiva prioritaria na crise do Covid -19 , como é o teletraballo, necesaria para velar pola salúde dxs traballadorxs, como medida de coacción a cambio de manter a súa rendabilidade a toda costa. PENALIZA retirando do teletraballo se non se cumpren as esixencias de Teleperformance en canto ó cumprimento de obxectivos.


O COMITÉ DE EMPRESA DE TELEPERFORMANCE CORUÑA XA EMPRENDEU ASACCIÓNS LEGÁIS NECESARIAS EN DEFENSA DOS DEREITOS DE TODXS XS
TRABALLADORXS
«