CGT de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2020/05/primeiro-a-prevencion-despois-a-producion-navantia/
Export date: Sat Jul 11 16:40:25 2020 / +0000 GMT

Primeiro a prevención, despois a produción [Navantia]




O 20 de abril, un cento de traballadores do AAOR-1 foron obrigados a empezar a traballar. Dende aquela, o número de persoas na factoría vai aumentando progresivamente, aumentando tamén os problemas de seguridade.

Ante isto, o comité de empresa transmitiulle hoxe á dirección tres cousas:

  1. A esixencia de limitar ó número de traballadores ós que entraron o venres pasado mentres non se garante o cumprimento do protocolo.
  2. A dirección debe dar unha resposta antes das 20:00 h.
  3. En caso de non aceptar a limitación, o comité impedirá mañá que se traballe.

En abril, a CGT opuxémonos ó reinicio da actividade por considerar que non se daban as condicións. A realidade confirma esa postura. Por iso, aínda que apoiamos a proposta do comité porque nos parece un paso na dirección correcta, tamén dixemos que se queda curta. Os problemas só apareceron a raíz das 200 persoas máis que entraron onte pola mañá respecto ó venres? Por suposto que non. Por iso a nosa proposta é voltar á situación anterior ó 20 de abril e garantir a adaptación das instalacións antes de chamar a traballar a ninguén.

Sabemos que hai compañeiros/as que poden dicir que están a perder moitos cartos porque levan moito tempo nun ERE. Pero non deberíamos aceptar que a presión económica nos obrigue ós traballadores a ter que traballar sen as condicións axeitadas.

Nesta situación, o deber dos sindicatos de clase é reivindicar que os beneficios amasados polas empresas durante todos estes anos sirvan agora tanto para garantir os salarios dos traballadores/as (que somos os que xeramos eses beneficios) como para tomar tódalas medidas preventivas necesarias fronte a pandemia (máis planteis de limpeza e de prevención, máis medios, máis epis de calidade...).

NIN ERTES NIN ERES!

QUE OS CAPITALISTAS PAGUEN A CRISE !

A SAÚDE NON SE VENDE, DEFÉNDESE !

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

Post date: 2020-05-19 17:12:45
Post date GMT: 2020-05-19 16:12:45

Post modified date: 2020-05-20 17:18:46
Post modified date GMT: 2020-05-20 16:18:46

Export date: Sat Jul 11 16:40:25 2020 / +0000 GMT
This page was exported from CGT de Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com