CGT de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2020/05/navantia-os-traballadores-non-somos-gando/
Export date: Sat Jul 11 18:49:56 2020 / +0000 GMT

Navantia: os traballadores non somos gando




Navantia leva tres semanas nas que, cuns 300 traballadores, o experimento de reinicio da actividade está sendo desastroso:

1) Non hai recursos económicos para garantir a reactivación, e isto redunda en escaseza de EPIs e nunha hixienización totalmente insuficiente. Ata tal punto que se “suxire” a reutilización das máscaras durante 5 días, o hidroxel desinfectante é escasísimo e as taquillas, duchas (a empresa cuestiona incluso a necesidade da súa limpeza entre usos) e aseos non se hixienizan axeitadamente. Isto último queren resolvelo xuntando ós traballadores en menos taquillas, no canto de reforzar o servizo de limpeza.

2) A desidia 1por parte da dirección é escandalosa:
- Non está a impulsar a implantación do protocolo. Esta responsabilidade recae sobre xefes, encargados e traballadores, que fan o que boamente poden.
- A inmensa maioría dos problemas identificados seguen sen resolverse. Cousas tan sinxelas, pero importantes, como as fontes de auga seguen clausuradas tres semanas despois de que o denunciásemos.

O clasismo da dirección cara ós traballadores, especialmente da IA, é inadmisible. Un exemplo: para a reorganización das taquillas xa decidiron que van abrilas e meter o contido das mesmas en bolsas que identificarán e trasladaran ás diferentes empresas auxiliares. No caso dos traballadores da principal están a pensar que facer porque saben que este comportamento pode xerar malestar.

Neste contexto, a dirección decideu meter ó 50% da plantilla ó longo da vindeira semana. ¿Poden ser máis irresponsables? Claro que poden. A pesar de que tanto a lei como os protocolos internos dan preferencia ó teletraballo fronte ó traballo presencial, a empresa chamou a moitos traballadores que estaban a teletraballar, a outros que poderían teletraballar pero que non o fixeron porque a empresa non lles proporcionou os medios e incluso a traballadores especialmente sensibles (TES).

Para as empresas, principal e auxiliares, nin sequera somos números. Os únicos números que coñecen, os que realmente lles importan, son os dos balances contables. Para eles somos unha masa á que explotar. Se un morre, outro o reemplaza, e problema resolto. Se isto pasa nunha empresa pública, ¿que non pasará nas privadas?

Obviamente, sabemos que hai unha presión para que se reinicie toda a actividade, tamén en Navantia. Presión que o goberno, lonxe de combater, está a alentar: prolongando os ERTE ou calando sobre os beneficios das empresas e sobre a necesidade de nacionalizar a economía.

CGT en Navantia veu denunciando todo isto no noso boletín, en comunicados e nas reunións coa empresa nas que participamos. Por tanto:

  1. Responsabilizamos á dirección de Navantia, ós empresarios da IA e a aqueles sindicatos que, por acción ou por omisión, avalen esta reactivación, por non facer nada e permitila.
  2. Como demostra a historia do movemento obreiro, a única linguaxe que entenden as empresas é a da loita. O comité, que leva desaparecido dende o inicio da pandemia, ten que reunirse esta fin de semana de forma urxente e decidir que vai facer o luns.

A proposta da CGT e que o comité ten que estar nas portas para cortar de raíz esta reactivación que non conta coas garantías necesarias.

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia-Ferrol

Links:
  1. https://www.facebook.com/hashtag/desidia?__eep__=6 &source=feed_text&epa=HASHTAG&__xts__% 5B0%5D=68.ARD5kmiOhsSdyzCzzOYN7sFLXF1konZBsNCxAOQp r3dJrhDKqrE-RG1u_-HdY_vDOjTyA2bEtzWJi0Ps-jq-uYpefL wpyYmqZvrsOZmjIpEM2AAKhQ4z2qPWei0TBLoYzBizlrXsT6Qw xqOvZyKZjLUSor7oU0eya-1fQ2tF_ux1O5tnuwOpoVZ40O7nim hDfti1B2hXdigP3bl7rvzPHuduUVwsk7VwuAmzj1hOeVuJjxm0 aBaqjSjGq63DbhBEiaEsJIII5tegTJg095RffshoqSv-w4rZi3 7aVc5lF8ZptT20ux6_xBPAJ-u8lmSw0YhvAnE4qJaDRvUqI79v 0ts&__tn__=%2ANK-R
Post date: 2020-05-09 17:23:52
Post date GMT: 2020-05-09 16:23:52

Post modified date: 2020-05-11 17:32:57
Post modified date GMT: 2020-05-11 16:32:57

Export date: Sat Jul 11 18:49:56 2020 / +0000 GMT
This page was exported from CGT de Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com