CGT de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2019/12/folga-no-ferrocarril/
Export date: Sun Jan 26 17:05:53 2020 / +0000 GMT

Folga no ferrocarril




SUPRIMIDOS 34 TRENS DE MEDIA DISTANCIA EN GALIZA POLA FOLGA EN RENFE E ADIF O VENRES 20 DE DECEMBRO

O Venres 20 de Decembro CGT convocou folga en RENFE e ADIF en horario de 00:00 a 23:00 hs demandando un aumento do nivel de contratación nas empresas públicas ferroviarias, atendendo a falla de cadro de persoal existente que está a repercutir negativamente no servizo que RENFE e ADIF está obrigada a dar a cidadanía.

O motivo da folga, como dicíamos, é a falla de cadro de persoal, e que se visualiza nos distintos departamentos que interveñen na operativa diaria de traballo como os seguintes exemplos no ámbito de Galiza :

Os Servizos mínimos impostos polo Ministerio de Fomento cancelaron un total de 34 trens de Media Distancia en Galiza e 9 de Longa Distancia, ainda que só en determinados treitos, especialmente afectados os viaxeiros de Longa Distancia con destino Pontevedra e Vigo, xa que as composicións dos trens hoteis de Madrid dende Monforte a Vigo e o Intercity dende Ourense a Vigo non circularán por mor da folga.

CONDUCIÓN: Seguen sendo substituidos tresn por autobuses por falla de maquinistas. Onte Mercores 18, dous trens do percorrido Vigo-Valença-Vigo foron susbstituidos por buses por falla de maquinistas, o que supón que 54 trens deixaran de circular no 2019 s seus viaxeir@s tiveran que facer o viaxe en bus por falla de persoal de conduciñon. No ano 2018 foron100 os trens en Galiza que foron reemplazados por buses por mor da falla de cadro de persoal.

MANTEMENTO DA INFRAESTRUTURA: ADIF presentou os Sindicatos un plan de peche de equipos de traballo que realiza o mantemento da infraestrutura, propoñendo a privatización do mantemento de vía e o aumento de contratación do persoal Técnico superior e de Estrutura directiva,  e sigue con procesos de privatización do mantemento dos novos equipos de seguridade en vía que se están a instalar nas infraestruturas viarias, como o ERTMS entre Vigo e Compostela,

INTERVENCIÓN: Ata Novembro de 2019 uns 4.100 trens de Media Distancia de Galiza circularon sen persoal de Intervención a bordo que atendera e informara as viaxeiras. Estamos a falar de trens con unha capacidade media de 180 prazas que só circularon co maquinista, perdendo a empresa una importante cantidade de cartos por non poder vender billetes dentro dos trens, ademais de non atender adecuadamente as incidencias que se produciron.

MANIOBRAS DE MATERIAL EN GUIXAR: Apartir do 1 de Xaneiro a totalidade das maniobras de material na terminal de Vigo Guixar, serán feitas pola empresa Logirail, xerando un total de 5 traballadores excedentes en ADIF que terán que ser reubicados en outras dependencias do administrador público. Esta situación está xerando un aumento dos gastos na terminal de contenedores, dado que o que antes facía un só traballador, como o repostaxe de gasoil, agora o ten que facer dous traballadores, atendendo a falla de habilitacións das empresas que se adxudicaron a privatización de este servizo.

VENDA DE BILLETES: Nas billeteiras de venda das estacións, son cada vez menos as xanelas abertas, recortando RENFE os horarios de venda anticipada en estacións como Compostela, Coruña, Vilagarcía, Pontevedra, Vigo-Guixar, etc., por non poder atender o fluxo de viaxeiros existentes, pola falla de cadro de persoal que imposibilita cubrir todas as quendas de traballo, o que produce longas colas que repercute na calidade do servizo prestado. A modo de exemplo RENFE deu orde de pechar a venda anticipada nas estacións de A Coruña e Pontevedra os fins de semá por non poder atendela por falla de traballador@s.

MANTEMENTO DE TRENS: O cadro de persoal de esta actividade de RENFE que é estratéxica pra o bo funcionamento e regularidade dos servizos ferroviarios, cada vez está mas minguado e a media de idade ronda os 52 anos, nunha actividade industrial como é a reparación de vehículos ferroviarios. Cada vez mais traballos son desviados a empresas privadas por non contar RENFE con persoal suficiente pra facer o traballo. Esta falla de mantemento estase a notar no aumento das incidencias nos equipos de climatización, avarías de locomotoras, redución de prestacións de confort e tracción, que provocan retrasos e supresión de trens.

ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN: O persoal de oficinas ve como cada vez aumenta a Xefatura posta a dedo e mingua o persoal administrativo sen posibilidades de promoción, saturándose sobre maneira os postos de traballo.

Achegamos relación de trens de viaxeiros suprimidos por RENFE

Saude

Post date: 2019-12-19 12:48:07
Post date GMT: 2019-12-19 11:48:07

Post modified date: 2019-12-19 12:48:08
Post modified date GMT: 2019-12-19 11:48:08

Export date: Sun Jan 26 17:05:53 2020 / +0000 GMT
This page was exported from CGT de Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com