post

 

A situación das principais empresas do Sector Ferroviario en España, RENFE e ADIF, segue sendo caótica; camiñando a pasos axigantados cara á precariedade, a externalización de todos os servizos e unha máis que deficiente prestación do servizo de transporte encomendado a estas empresas.

CGT como sindicato representativo con ampla implantación nestas dúas empresas leva anos denunciando a situación, promovendo mobilizacións e loitando para reverter a programación dexenerativa á que as distintas Direccións das empresas co guión implantado polo Ministerio de Fomento, están a levar a cabo.

Á falta de interventores e maquinistas que reiteradamente denunciamos desde esta organización en RENFE, súmase agora a desastrosa xestión do persoal en ADIF con constante falta de persoal para atender o servizo, lévanos á desaparición de postos de traballo en detrimento de a calidade e prestacións aos viaxeiros.

En Galicia, desde o pasado 19 de setembro, a Estación de Santiago de Compostela non hai traballadores de ADIF na quenda de noite. Os viaxeiros que chegan e saen desde esta estación, entre as 23 e as 7 horas, non atoparan nas súas instalacións persoal de ADIF que lles atenda ante calquera incidencia, aínda cando durante este horario realizan a súa chegada e saída trens de viaxeiros dos trens Alvia a Madrid así como de media distancia a Vigo, Coruña e Ourense. ADIF da o mesmo tratamento á estación con maior número de viaxeiros en Galicia que a calquera dos seus apeadeiros.

Esta situación tamén se produce tamén na terminal de mercadorías da Coruña recortando as actividades nesta estación na quenda de noite. Aínda que o ministerio de referencia faga constantemente declaracións da súa intención de potenciar o transporte de mercadorías por ferrocarril, a realidade é que recorta os servizos ás empresas que pretendan transportar as súas mercadorías por este medio.

CGT na súa constante acción de denuncia promove unha concentración de traballadores/as o día 4 ás 10 horas na estación de Santiago de Compostela, en protesta pola acción da empresa. Animamos ás asociacións sociais, plataformas en defensa do público e o ferrocarril, e ao resto da cidadanía a que se una a nosotr@s, pois o futuro do servizo de transporte por tren afecta de maneira directa a to@s.

Esta concentración vén enmarcada nun Plan de Acción global que desembocará nunha gran concentración fronte ao ministerio de Fomento o próximo día 17 e complementada con novas mobilizacións.

Loitamos por un ferrocarril público, social e sustentable, polo cesamento do proceso privatizador e externalizador que se está levando a cabo no sector, polo cumprimento das normativas laborais e os acordos que empresa e traballadores levaron a efecto.

  Galiza,  ao 3 de setembro de 2019.