post

 

As grandes corporacións globais que o capitalismo constituíu desde hai moitas décadas: OMC, OCDE, BM, FMI, G-8, G-20, etc., serven exclusivamente para asegurar un modelo de comercio, un modelo de explotación e un modelo de produción e distribución de mercadorías que aseguren unha taxa de ganancia para as persoas poderosas e ricas deste planeta e xamais para satisfacer as necesidades humanas da inmensa maioría da poboación mundial. Os gobernos non son máis que complices deste capitalismo voraz e cobizoso que destruirá este planeta máis pronto que tarde.

Interromper a lóxica do movemento “progresista”, faise necesario -non soamente urxente pola denominada “emerxencia climática”-, se o que queremos é poñer en valor a vida, o corpo e o territorio e deixar de buscar alternativas falsas (capitalismo verde, transicións xustas as cales non vai permitir o capitalismo…) como as que representa o ecofascismo: garántese a continuidade da vida de certos sectores, pero expúlsase a outros.

As persoas temos que cambiar a lóxica do “progreso” que non é senón a lóxica do capitalismo e, para recompoñer o metabolismo social, hai que redistribuír de maneira radical a riqueza, enfrontármonos ao este consumismo destrutor, rediseñar o noso modo de producir e poñer as obrigacións que temos como corpo humano e como especie, nos coidados de todo o corpo social e a especie.

Trátase de algo máis que a “loita contra o cambio climático», que leva desde o cume de París ou máis recentemente desde o G7, por parte dos gobernos do mundo, sendo só palabrería e retórica baleira de humanidade. Terminar de maneira radical coa acumulación e coa explotación, á vez que esta debe ser global e colectiva, é a única garantía de que a Vida poida ter algún significado positivo. CGT atópase en primeira liña conxuntamente con millóns de persoas que este 27 de Setembro sairán ás rúas do mundo para gritar e esixir a quen é os responsables do desastre global en que nos atopamos, que basta, que o capitalismo e o seu modelo civilizatorio, teñen que desaparecer.

O futuro é agora e é responsabilidade individual e colectiva que exista un mañá, onde as miles de millóns de seres humanos e especies que habitamos este planeta, podamos vivir en equilibrio e ter unha vida digna de ser vivida.

Por iso, a CGT da Coruña apoia os actos destes días e, específicamente, a mobilización que terá lugar o venres, 27 de outubro, ñas 20:00 horas, nos Xardís de Méndez Núñez e fai un chamamento á súa afiliación, simpatizantes e pobo en xeral á participación.

Comité Local da Coruña da CGT




Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email