CGT de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2019/08/folga-en-renfe/
Export date: Mon Sep 23 0:51:24 2019 / +0000 GMT

Folga en Renfe


O VENRES 30 DE AGOSTO e o DOMINGO 1 de SETEMBRO, o persoal do Grupo RENFE está convidado a participar nos paros ferroviarios que de 12:00 a 16:00 hs e de 20:00 hs a 24:00 hs están convocados contra a falla de cadro de persoal, pola paralizacións das externalizacións e a mellora do
servizo público ferroviario.
Dende que CGT remitiu o pasado 5 de Agosto unha carta o Ministerio de Fomento, solicitando a súa intervención no conflito, NIN O MINISTERIO NIN A PROPIA EMPRESA DERON SEÑAIS DE VIDA,
bloqueando calquera negociación que propiciara chegar a un acordo e evitar as folgas, nun claro exercicio de irresponsabilidade política e empresarial.
CGT está a loitar pra se aumente a un 108% a reposición de persoal en Renfe, que permita o rexuvenecemento do persoal, medida contemplada na Lei de Orzamentos Xerais do Estado e que nin RENFE nin Fomento quere cumprir, ademais da paralización das privatizacións e a mellora da conciliación da vida familiar e laboral, incluídas na Lei 6/2018 do pasado ano e que lonxe de negociarse eliminouse de facto pola imposición pola Dirección de RENFE.
A situación do cadro de persoal está a repercutir no servizo público que RENFE ten que ofertar a cidadanía e que en Galiza se concreta, como xa denunciamos en anteriores Notas de Prensa:
CONDUCIÓN: No ano 2018 mais de 100 trens en Galiza foron substituídos por autobuses por non ter maquinistas pra conducilos, ocasionando serios trastornos as viaxeiras.
INTERVENCIÓN: Mais de 5.200 trens de Media Distancia de Galiza circularon en 2018 sen persoal de Intervención a bordo que atendera e informara as viaxeiras. Estamos a falar de trens con unha capacidade
de 180 prazas que só circularon co maquinista, perdendo a empresa una importante cantidade de cartos por non poder vender billetes dentro dos trens, ademais de non atender adecuadamente as incidencias que se produciron. No primer semestre de 2019 circularon preto de 2480 trens de MD con só o maquinista a bordo.
VENDA DE BILLETES: Nas billeteiras de venda das estacións, son cada vez menos as xanelas abertas, recortando RENFE os horarios de venda anticipada en estacións como Compostela, Coruña, Vilagarcía, Pontevedra, Vigo-Guixar, etc., por non poder atender o fluxo de viaxeiros existentes, pola falta de cadro de persoal que imposibilita cubrir todas as quendas de traballo, o que produce longas ringleiras que repercute na calidade do servizo prestado.
MANTEMENTO DE TRENS: Cada vez mais traballos de mantemento dos vehículos de RENFE son desviados a empresas privadas por non contar RENFE con persoal suficiente pra facer o traballo. Esta falta de mantemento estase a notar no aumento das incidencias nos equipos de climatización, avarías de locomotoras, redución de prestacións de confort e tracción, que provocan retrasos e supresión de trens.
No mes de Agosto os trens Galiza-Barcelona e Galiza-Euzkadi sufriron retrasos e transbordos por incidencias nas súas locomotoras, por deficiente mantemento.
ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN: O persoal de oficinas ve como cada vez aumenta a Xefatura posta a dedo e mingua o persoal administrativo sen posibilidades de promoción, saturándose sobre maneira os postos de traballo.
É principio e deber de calquera Sindicato defender, ata onde a razón esixe, os dereitos laborais dos seus representade@s; polo que CGT vai canalizar todo o enfado e a rabia d@s traballadores/ as e enfrontalos á tozudez da Dirección e o Ministerio que prefiren marchar de vacacións que negociar unha saída o conflito.
Con estes paros, CGT busca un aumento dunhas taxas de reposición de persoal que conduzan a mellorar os servizos que prestamos á cidadanía, garantindo a prestación duns servizos de calidade e garantes dun
ferrocarril social pra a maioría de cidadáns.
Galiza a 29 de Agosto de 2019

Post date: 2019-08-29 17:41:26
Post date GMT: 2019-08-29 16:41:26

Post modified date: 2019-08-29 17:42:58
Post modified date GMT: 2019-08-29 16:42:58

Export date: Mon Sep 23 0:51:24 2019 / +0000 GMT
This page was exported from CGT de Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com