CGT de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2019/08/a-coruna-concentracion-en-apoio-as-ong-que-se-dedican-ao-rescate/
Export date: Tue Nov 12 21:28:30 2019 / +0000 GMT

[A Coruña] Concentración en apoio ás ONG que se dedican ao rescate




A CGT da Coruña acordou apoiar a concentración convocada polo Foro Galego da Inmigración que mañá, 14 de agosto, terá lugar, a partir das 20:00 horas diante da Subdelegación do Goberno da Coruña, na Avda. da Mariña, 23.

A concentración é en protesta pola actuación da Unión Europea que, incumplindo a lexislación internacional, mantén na mar a máis de 400 persoas rescatadas durante a última semana, sen facilitar portos seguros para o sen desembarque. A falta de humanidade das chamadas "autoridades" é unha vergoña intolerable e esiximos que se desembarquen inmediatamente, coa protección axeitada.

Estas persoas non son máis que unha pequena parte das que fuxen en busca dunha vida mellor para eles e as súas familias e non podemos esquecer que o Mediterráneo é unha inmensa fosa na que xacen os restos de milleiros de persoas que non conseguiron chegar a Europa, entre outras causas, polo abandono que os dirixentes políticos están exercendo día tras día. Uns mirando para outro lado e outros espallando o racismo sen pudor, todos eles son igualmente responsables ante a humanidade e a historia.

Comité Local da CGT da Coruña

Post date: 2019-08-13 12:15:30
Post date GMT: 2019-08-13 11:15:30

Post modified date: 2019-08-13 12:22:05
Post modified date GMT: 2019-08-13 11:22:05

Export date: Tue Nov 12 21:28:30 2019 / +0000 GMT
This page was exported from CGT de Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com