CGT de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2019/07/ferrol-cgt-entra-con-forza-no-comite-de-empresa-de-navantia/
Export date: Mon Sep 23 0:32:47 2019 / +0000 GMT

[Ferrol] CGT entra con forza no Comité de Empresa de Navantia




A CGT obtivo 3 delegados nas eleccións sindicais de onte, Xaquín García Sinde e Javi Losada, por Técnicos, e Vicente Ferrer, por Man de obra. Ademais, superamos en votos á UGT globalmente e tamén superamos á CIG no colexio de Técnicos. Tódolos inicios son difíciles, e máis nunha fábrica de tanta tradición sindical como a nosa. Por tanto, estes 3 delegados é un resultado moi digno (e sen chamadas telefónicas nin visitas de última hora ós afiliados). Agradecemos a tódalas persoas que nos votaron o apoio a un sindicalismo de clase coherente e a confianza depositada na CGT. Os resultados globais son:

*Total 2019Total 2015Man de obra 2019Man de obra 2015Técnicos 2019Técnicos 2015
CCOO9115744
CGT3-1-2-
CIG453312
MAS442222
UGT332211
Total23231314109

Como se ve, CCOO sufre un severo retroceso, perdendo 2 delegados. É a primeira vez que CCOO baixa dos 10 delegados e tamén do 40% dos votos. De feito, CCOO deixouse nestas eleccións nin máis nin menos que dez puntos porcentuais, baixando dun 47% en 2015 a un 37% agora.

Pero hai outro dato a destacar: a CGT quedou a só un voto de obter un cuarto delegado (que perdería UGT en Man de obra). De ter ocorrido isto, significaría que, por primeira vez, CCOO e UGT non sumarían maioría absoluta, abríndose así a posibilidade teórica de que CCOO incluso chegase a perder a presidencia do comité de Ferrol. Non estamos nesta posibilidade por un só voto, pero en calquera caso este dato ilustra moi ben a tendencia ó declive dos sindicatos que nos últimos anos están a colaborar coa empresa no recorte dos dereitos dos traballadores, UGT a raíz do IV Convenio e CCOO a raíz do Convenio único.

Por iso estes resultados tamén representan un claro rexeitamento dos traballadores á dirección de Navantia, cuxos intentos de interferir nestas eleccións foron descarados: fraude no censo electoral na factoría de San Fernando (inflado pola empresa con xente de Cartagena), parcialidade escandalosa do xefe de Persoal de Ferrol, que actuou como tal dende a presidencia da Mesa electoral central (toda a chafallada do voto “delegado”, que finalmente non se contabilizou), anuncios de promocións e aumentos salariais no día de onte... Pero a xente non é tan parva como algúns se pensan, e estas manobras tiveron o efecto contrario ó buscado.

Para analizar estes resultados en profundidade e decidir os seguintes pasos a dar pola CGT, convocamos unha:

 ASEMBLEA DE AFILIADOS/AS E SIMPATIZANTES o xoves 11 ás 10:00 h. no salón de plenos do comité

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia Ferrol

Post date: 2019-07-10 07:44:56
Post date GMT: 2019-07-10 06:44:56

Post modified date: 2019-07-10 17:34:28
Post modified date GMT: 2019-07-10 16:34:28

Export date: Mon Sep 23 0:32:47 2019 / +0000 GMT
This page was exported from CGT de Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com