post

 

A CGT obtivo 3 delegados nas eleccións sindicais de onte, Xaquín García Sinde e Javi Losada, por Técnicos, e Vicente Ferrer, por Man de obra. Ademais, superamos en votos á UGT globalmente e tamén superamos á CIG no colexio de Técnicos. Tódolos inicios son difíciles, e máis nunha fábrica de tanta tradición sindical como a nosa. Por tanto, estes 3 delegados é un resultado moi digno (e sen chamadas telefónicas nin visitas de última hora ós afiliados). Agradecemos a tódalas persoas que nos votaron o apoio a un sindicalismo de clase coherente e a confianza depositada na CGT. Os resultados globais son:

*Total 2019Total 2015Man de obra 2019Man de obra 2015Técnicos 2019Técnicos 2015
CCOO9115744
CGT312
CIG453312
MAS442222
UGT332211
Total23231314109

Como se ve, CCOO sufre un severo retroceso, perdendo 2 delegados. É a primeira vez que CCOO baixa dos 10 delegados e tamén do 40% dos votos. De feito, CCOO deixouse nestas eleccións nin máis nin menos que dez puntos porcentuais, baixando dun 47% en 2015 a un 37% agora.

Pero hai outro dato a destacar: a CGT quedou a só un voto de obter un cuarto delegado (que perdería UGT en Man de obra). De ter ocorrido isto, significaría que, por primeira vez, CCOO e UGT non sumarían maioría absoluta, abríndose así a posibilidade teórica de que CCOO incluso chegase a perder a presidencia do comité de Ferrol. Non estamos nesta posibilidade por un só voto, pero en calquera caso este dato ilustra moi ben a tendencia ó declive dos sindicatos que nos últimos anos están a colaborar coa empresa no recorte dos dereitos dos traballadores, UGT a raíz do IV Convenio e CCOO a raíz do Convenio único.

Por iso estes resultados tamén representan un claro rexeitamento dos traballadores á dirección de Navantia, cuxos intentos de interferir nestas eleccións foron descarados: fraude no censo electoral na factoría de San Fernando (inflado pola empresa con xente de Cartagena), parcialidade escandalosa do xefe de Persoal de Ferrol, que actuou como tal dende a presidencia da Mesa electoral central (toda a chafallada do voto “delegado”, que finalmente non se contabilizou), anuncios de promocións e aumentos salariais no día de onte… Pero a xente non é tan parva como algúns se pensan, e estas manobras tiveron o efecto contrario ó buscado.

Para analizar estes resultados en profundidade e decidir os seguintes pasos a dar pola CGT, convocamos unha:

 ASEMBLEA DE AFILIADOS/AS E SIMPATIZANTES o xoves 11 ás 10:00 h. no salón de plenos do comité

Sección Sindical Unitaria de CGT en Navantia Ferrol




Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email