post

 

CGTde Pontevedra chama ós seus afiliados, simpatizantes e ó conxunto da sociedade pontevedresa a participar activamente este sábado, na nova convocatoria da Marea Branca de Pontevedrae outras organización e colectivos que, como a CGT, estamos defendendo a sanidade pública. O acto terá lugar, este sábado, 18 de maio, ás 12,30h, na Praza de Ourense, 

            Todos sabemos que a agresión que sofre a Sanidade Pública a mans dos poderes que rixen o Estado e as súas administración, como a Xunta de Galicia, é cada día que pasa máis noxenta, sin que vexamos o remate de tanta frustación. Recortes, situación precaria dos traballadores e traballadoras interinas, precariedade, posta a disposición dos intereses patronais das Mutuas laboráis, incrementos nas listas de espera, colapsos nas urxencias, aposta do goberno por un modelo sanitario privado que beneficia ás multinacionais … sobran os motivos para a mobilización da cidadanía na defensa dunha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade.

Comité Local da CGT de Pontevedra




Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email