post

 

O pasado 20 de decembro asinouse un plan de prexubilacións (negociado polas federacións, non polos comités) que dicía dúas cousas: 1) Que as condicións serían as do ERE de 2004; e 2) Que no prazo dun mes a partir da sinatura se negociarían as condicións de prexubilación dos que tivesen 64 anos cumpridos a 1 de xaneiro (que, supostamente, non podían entrar no ERE). Ou sexa, o único que faltaba para que se puidesen producir as saídas era negociar as condicións dos de 64. Pero 2019 trouxo varias sorpresas, estamos en febreiro e o comité cala coma un peto.

A primeira sorpresa do ano foi que… ¡se lles di ós compañeiros/as que cumpren 65 en 2019 que non marchen xubilados, a fin de metelos no ERE! Ou sexa, os mesmos que se cargaron o convenio para lograr as saídas anticipadas, ¡lles din ós que poden xubilarse que non o fagan! De feito,algúns compañeiros tiveron que volver ó traballo. E todo isto aínda é máis surrealista se pensamos que NA PÁXINA 4 DA ACTA DE 20 DE DECEMBRO

DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO PLAN PON MOI CLARIÑO QUE NON PODEN ACCEDER Ó PLAN “AQUELES TRABALLADORES QUE TIVESEN ACCESO Á XUBILACIÓN ORDINARIA”. Ou sexa, se lles di que non se xubilen… para metelos nun ERE cuxas condicións din que non poden entrar porque se poden xubilar. Isto é unha chafallada alucinante e os queandan a argallala deberían dar explicacións.

Xa de paso, tamén poderían explicar a qué se debe o cambio de criterio sobre os compañeiros/as de 64 anos, que agora resulta que van entrar no ERE. Un comunicado de CCOO de Cartagena do día 24 di que agora si poden entrar a raíz do real-decreto do 28 de decembro. MENTIRA. Ese real-decreto non ten nada que ver con iso, senón coa posibilidade de incluír nos convenios a xubilación forzosa ós 65 anos. Nada impedía antes do 28 de decembro que un traballador de 64 anos entrase nun ERE. Aquí houbo un cambio de criterio sindical-empresarial que os negociadores deberían explicar a qué se debe.

Se os de 64 non entraban no ERE, era lóxico que tivesen unhas condicións distintas. Pero se van entrar, o lóxico é que as súas condicións sexan as mesmas cós demais, entre outras cousas porque establecer condicións distintas dentro dun mesmo ERE non parece razoable. Os negociadores sindicais deberían aclarar todo este enguedello.

E falando de aclaracións. As múltiples versións do convenio previas ó referendo recollían que o dereito ó complemento de xubilación se mantería “siempre que (el trabajador) tenga contrato en vigor en la empresa al momento del hecho causante” (disposición adicional segunda). O 18, día do referendo, CCOO difundiu un documento titulado “Propuesta de acuerdo global del plan estratégico: una gran oportunidad”, que di (páxina 4) que se ía modificar para poñer: “siempre que tenga contrato en vigor, o esté incurso en un Expediente de prejubilación en la empresa al momento del hecho causante” (subliñado noorixinal). Non houbo tal modificación. Outra cousa máis a aclarar.

O ano pasado, todo eran présas. Pero unha vez logrados os obxectivos da empresa (cargarse o convenio e amarrar unha nova redución de plantilla para aumentar a subcontratación), as presas desapareceron. E para xustificalo, se oen todo tipo de escusas. Agora disque hai que esperar a que o convenio se publique no BOE para que entre en vigor. ¿Queren dicir, por exemplo, que o cambio de horario en Fene foi ilegal porque se aplicou cando o convenio non estaba publicado no BOE, nin sequera rexistrado no Ministerio? ¿O departamento de Recursos Humanos da empresa (aumentado con varias fichaxes que entraron en Navantia da man do actual xefe de Persoal) non sabe cando entra en vigor o convenio? Pois para sabelo abonda con ler a súa disposición final primeira: “Entrada en vigor. 1) Ambas partes acuerdan que la nueva clasificación profesional y política salarial no se aplicará hasta la terminación de los trabajos a realizar por la Comisión (…) 2). El resto de las condiciones acordadas entrarán en vigor a la fecha de la firma, salvo aquellas condiciones que tengan una entrada en vigor específica” (o subliñado é noso). Empresa e burocracia sindical queren tomarnos de coña.

Tamén se segue insistindo na idea de que o ERE necesita autorización administrativa. MENTIRA. A necesidade de dita autorización foi eliminada polo

  • na reforma laboral de 2012, que ademais tamén rebaixou a duración do período de consultas dos ERE.

O plan de 2004 foi asinado o 16 de decembro e a extinción dos contratos foi o 31 de marzo. Se agora as condicións son as de 2004 e non hai trámite de autorización administrativa, nada xustifica que o proceso sexa máis longo, agás que:

  1. Interese prolongalo para que os prexubilados voten nas eleccións sindicais. Que hai ese interese, é descarado. Pero a burocracia sindical non pode conseguilo sen a axuda da empresa, posto que os prexubilados non van aceptar ter que seguir traballando tres meses máis a causa exclusivamente dos intereses electorais dalgún sindicato.
  • As condicións non vaian ser as que se dixo que ían ser e se estean aínda negociando. Pero isto sería realmente grave porque significaría que o que se votou o 18 de decembro foi un engano.

Os representantes sindicais deberían convocar unha asemblea xeral, aclarar as cousas e, sobre todo, resolver todo esta situación chafalleira xa.

A empresa tenta impedir que informacións como esta se coñezan. Por algo será. Se queres recibilas, escribe a: naval.ferrolterra@cgtgalicia.org , indicando un correo persoal ou un número de teléfono, e se queres recibilas por correo, por wasap (lista de distribución) ou por ambas vías.

En relación con isto, cónstanos que o noso cartel denunciando a ameaza de sanción ó compañeiro Xaquín foi colocado nos taboleiros de anuncios doutras factorías. Dámoslles as grazas ós compañeiros que o fixeron, e os animamos a continuar combatendo a censura e a sumar forzas coa CGT para facer avanzar o sindicalismo combativo en toda Navantia.

Sección Sindial Unitaria de CGT en Navantia