post

 

Continúan as mobilizacións convocadas polo comité de empresa, do que forma parte a CGT, no centro de traballo de Atento na Coruña. O vindeiro luns, 3 de setembro, haberá concentracións ás 12 e ás 18 horas ás portas do centro de traballo en Juan Flórez. Desta vez, as mobilizacións servirán para quentar motores cara unha próxima manifestación que terá lugar o 10 de setembro ás 18 horas, e que sairá desde a sede da empresa percorrendo as principais rúas da cidade co lema “Atento: 20 anos en loita contra a explotación laboral”

En efecto, este mes de setembro cúmprense 20 anos da apertura do centro de atención de chamadas na cidade. Vinte anos de precariedade e constantes conflictos laborais. A última das agresións perpetrouse hai só unha semana, cun novo e infame despido dun compañeiro que traballaba no servizo 1002 de avarías de Telefónica/Movistar, empresa cliente para a que traballamos case que de forma exclusiva, ás veces responsable directa das tropelías sofridas e outras cómplice necesaria ao longo destes anos.

O luns día 3 faremos unha escenificación -colorida e ruidosa– dos 20 anos que levamos en loita, resistindo os envites como mellor podemos e sabemos facer: saíndo á rúa a denunciar os abusos e a tiranía de Atento e Movistar.

A empresa segue sen dar visos de querer atender as nosas xustas e razoables reivindicacións e mentras isto siga así continuaremos nas rúas loitando por un traballo digno e saudable.

Sección sindical Atento de CGT na Coruña

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email