post

 

A CGT Correos de Galicia denuncia o caos creado pola posta en marcha das novas bolsas de contratación en Correos.

Correos abriu as bolsas no mes de Outubro pero non as puxo en marcha até o 1 de xuño, o que fixo que coincidira a entrada de numeroso persoal sen formación e sen experiencia previa coas vacacións do persoal habitual, o que, unido à falta de contratación por mor dos recortes, fai que as incidencias sexan numerosas.

Desde a CGT queremos denunciar as numerosas incidencias creadas no reparto postal durante este periodo estival.

Estamos a recibir numerosas queixas desde unidades de todo o territorio Galego desde o persoal que non son quen de repartir diariamente a correspondencia recibida, o que afecta negativamente ao dereito da cidadanía de recibir o correo diariamente.

O persoal, por medio dos/as seus/súas representantes sindicais fai responsable disto á falta de previsión da dirección.

A CGT indica que as problemáticas veñen dadas por dous motivos:

Por unha banda no mes de outubro de 2017 Correos convocou un proceso para crear unhas bolsas de contratación eventual. Ese proceso, moi criticado pola CGT polo seu retraso e polas súas irregularidades, deixou fora a centos de persoas que contaban cunha grande experiencia no traballo postal, valorando os méritos das devanditas bolsas dunha maneira totalmente cuestionable como, por exemplo, igualando a puntuaciuó dun cursos de “excel” de unhas horas a varios anos de experiencia no reparto.

Este feito fixo que numerosas persoas con experiencia quedaran sen a posibilidade de acceso ao traballo postal.

Por outra banda encontrámonos coa falta de contratación de Correos, que pretende levar a cabo o servizo –nos meses estivais- cun número de persoal a todas luces insuficiente que ronda o 40% menos do plantel oficial habitual. Correos indica, ademais, ao persoal de reparto que leven a maoriores outras zonas non habituais, o que chamamos “recargo”, feito que dificulta e entorpece o traballo e fai que sexa frecuente que queden zonas sen repartir.

A CGT quere denunciar publicamente que estes feitos levan inexorablemente a unha diminución intolerable da calidade no servizo postal, e esixen a Correos:

  • A substitución inmediata de todas as persoas que se encontran de vacacións
  • A ampliación das bolsas de contratación, recuperando a todas as persoas con experiencia no traballo postal

Todo o anterior baseado na querencia do noso sindicato CGT de velar polo estricto cumprimento do dereito a ter un servizo postal público de calidade.

CGT de Correos Galicia

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email