CGT de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2018/06/concentracion-solidaria-na-coruna-coas-traballadoras-despedidas-por-nortempo-hotel-bahia-en-vigo/
Export date: Wed Dec 11 5:09:35 2019 / +0000 GMT

Concentración solidaria na Coruña coas traballadoras despedidas por Nortempo-Hotel Bahía en Vigo


A CGT concentrouse onte, ás 17:00 horas diante da porta do centro de traballo que Nortempo ten ao carón de Carrefour de Alfonso Molina, na Coruña para protestar polo despedimento, en Vigo, o pasado 7 de maio de 23 traballadoras do Hotel Bahía en Vigo.

Na concentración reclamouse a contratación, por parte de Nortempo, das compañeiras despedidas, xa que é Nortempo a adxudicataria da contrata dos servizos que prestaban as devanditas traballadoras. "Readmisión despedidas" foi o berro máis escoitado na mobilización, así como a lectura, varias veces, dun escrito onde se explican as circunstancias da situación.

Cando rematou a concentración, comunicouselle a viva voz a Nortempo que non ía ser a única visita.

Comité Local da CGT da Coruña


Post date: 2018-06-01 07:15:44
Post date GMT: 2018-06-01 06:15:44

Post modified date: 2018-06-01 07:15:44
Post modified date GMT: 2018-06-01 06:15:44

Export date: Wed Dec 11 5:09:35 2019 / +0000 GMT
This page was exported from CGT de Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com