post

 

O vindeiro mércores día 27 de xuño, ás 11 horas, terá lugar unha concentración diante da mutua Fraternidad-Muprespa (Avda. do Exército, 12), convocada polo comité de empresa de Atento, do que forma parte a CGT,  en protesta pola miserable actitude da mutua nos últimos tempos, que deixou de prestar servizos sanitarios ás traballadoras e traballadores en situación de baixa médica, para converterse nun instrumento de presión para acelerar as altas médicas sen importarlle a súa saúde.
Esta concentración forma parte das mobilizacións que están a levar a cabo as traballadoras e traballadores de Atento Coruña todos os luns con paros laborais (de 0 a 1, de 12 a 13 e de 18 a 19 horas) e concentracións diante do centro de traballo en Juan Flórez, ás 12 e ás 18 horas, para esixir o cesamento dos abusos da empresa a través de despedimentos, sancións, presións, acoso e outras agresións durante o desempeño do noso traballo.
Sección Sindical da CGT en Atento A Coruña