post

 

A patrona, propietaria da “Cafetería Pili” entre outros negocios de restauración, débelles o salario ás traballadoras desde Decembro. Catro destas traballadoras denunciaron a dramática situación laboral que sofren, sen cobrar e cansas de tantos enganos, insultos e humillacións. No SMAC, a patroa volvio a ofrecer o abono da débeda en custión de días resultando ser unha promesa máis incumprida para gañar tempo ou desmoralizar ás 4 traballadoras no seu afán de facer xustiza. Para apoiar ás traballadoras da “Cafetería Pili” realizamos unha primeira concentración diante da porta desta cafeteria – panaderia solicitando á clientela deste establecemento non consumise en solidariedade coas traballadoras.

A concentración foi un éxito e desde CGT Vigo lanzámoslle unha mensaxe clara á patrona de que se non se aviene a pagar o que debe seguiremos concentrándonos na porta. As nosas únicas armas son a razón e un megáfono co que interpelar a solidariedade da sociedade.