post

 

Que pouco duran as vitorias en casa do pobre. Estas bravas mulleres traballadoras encargadas da limpeza do Hotel Baía conseguiron hai escasamente un ano que mediante sentenza xudicial se reconecieran os seus dereitos e así ser incluídas no convenio de hosteleria, obtendo así grazas á loita sindical unha lixeira mellora nas súas condicións laborais.

A resposta da patronal: despedimento xeneralizado, as 20 traballadoras á rúa. Cando escoito que despiden a todo o persoal dun hotel, a unha traballadoras que cobraban 400 euros nun traballo tan duro fisicamente como o das ” kellys” , pregúntome se hai límite á avaricia, se hai un tope onde discernir o traballo da exclavitud.

Por que no hotel emblemático da cidade de Vigo atopámonos este nicho de explotación desmedida? Un chega a preguntarse se isto excede os balances económicos e empeza a ser puro sadismo, espremer e vexar á clase traballadora ata a última pinga. Por que? Porque poden.

Estas pequenas loitas en conseguímolas readmisións ou simplemete frear o espolio de dereitos laborais, esta meras non derrotas, saben a moito na cercania aínda que insustanciales na gran perspectiva, pero sobre elas se cimentan os grandes logros e na actualidade, admitamoslo, non retroceder, hayar un sitio onde situar a barricada onde non pasarán e facer mérito a ela non é un logro menor.

Share on FacebookTweet about this on Twitter