CGT de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/2018/05/concentracion-solidaria-co-pobo-palestino-na-corna/
Export date: Thu Jan 23 13:53:08 2020 / +0000 GMT

Concentración solidaria co pobo palestino na Coruña


A CGT da Coruña acordou participar na concentración de solidariedade co pobo palestino que terá lugar o venres, 18 de maio, no Obelisco da Coruña, a partir das 20:00 horas.

Para a CGT, as actuacións criminais do Estado de Israel nos últimos días son un paso máis, gravísimo, no proceso de exterminación do pobo palestino e de usurpación dos seus territorios ancestrais. Non menos grave é a complicidade dos países occidentais, que teñen a desvergoña de chamar á contención a "ambas partes", cando só hai unha parte xenocida e merecente de repulsa, que é o Estado sionista de Israel. Neste sentido, esiximos unha resposta contundente do goberno español, só pena de consideralo cómplice activo da masacre.

A CGT da Coruña fai un chamamento á súa afiliación, simpatizantes e cidadanía en xeral a que amosen a súa oposición a esta nova matanza do pobo palestino, do que amosámonos solidarios na opresión que padecen.

Comité Local da CGT da Coruña


Post date: 2018-05-16 18:19:11
Post date GMT: 2018-05-16 17:19:11

Post modified date: 2018-05-16 18:25:21
Post modified date GMT: 2018-05-16 17:25:21

Export date: Thu Jan 23 13:53:08 2020 / +0000 GMT
This page was exported from CGT de Galicia [ http://www.cgtgalicia.org/wp ]
Export of Post and Page has been powered by [ Universal Post Manager ] plugin from www.ProfProjects.com