post

 

A CGT da Coruña acordou participar na concentración de solidariedade co pobo palestino que terá lugar o venres, 18 de maio, no Obelisco da Coruña, a partir das 20:00 horas.

Para a CGT, as actuacións criminais do Estado de Israel nos últimos días son un paso máis, gravísimo, no proceso de exterminación do pobo palestino e de usurpación dos seus territorios ancestrais. Non menos grave é a complicidade dos países occidentais, que teñen a desvergoña de chamar á contención a “ambas partes”, cando só hai unha parte xenocida e merecente de repulsa, que é o Estado sionista de Israel. Neste sentido, esiximos unha resposta contundente do goberno español, só pena de consideralo cómplice activo da masacre.

A CGT da Coruña fai un chamamento á súa afiliación, simpatizantes e cidadanía en xeral a que amosen a súa oposición a esta nova matanza do pobo palestino, do que amosámonos solidarios na opresión que padecen.

Comité Local da CGT da Coruña

Share on FacebookTweet about this on Twitter