post

 

A CGT, xunto cos sindicatos CUT e o Sindicato da Elevación convocan manifestación na Coruña o próximo 1º de Maio, Día Internacional do Traballo. A manifestación terá a súa saída da Praza de Pontevedra ás 12:30 horas e terá o apio de diversas organizacións sociais da cidade.

A manifestación terá o lema “Contra a explotación, a represión e o saqueo: a loita é o único camiño”, e con el os convocantes queremos facer un chamamento de mobilización contra a situación que o pobo traballador está a padecer no momento actual: as reformas laborais castradoras de dereitos, a represión da disidencia e o proceso privatizador e saqueador do público, como a Seguridade Social e o Sistema Público de Pensións.

CUT, CGT e SE fan un chamamento ás súas afiliacións, simpatizantes e cidadanía en xeral a que se manifesten amosando o seu rexeitamento da situación e a reivindicación de que hai que revertila para conseguir unha vida merecente de ser vivida.

O Comité Local da CGT