post

 

 

Agora, tal como aconteceu o ano pasado e viña sucedendo en todos os anteriores, os incendios forestais carbonizan decenas de miles de hectáreas de bosque galego. Decenas de montes están ardendo. Miles xa arderan, nos derradeiros 20 anos, a unha media de 25.000 hectáreas anuais.
Desde que o capitalismo máis voraz se fixo dono do monte galego, coincidindo coa instalación de consorcios madeireiros e taboleiros en distintos lugares de Galicia, fixéronse desaparecer do noso bosque as súas árbores propias para ser substituídos masivamente por outras especies máis “rendibles”, sobre todo eucalipto e piñeiro.
Claro está que esta “rendibilidade”, sen outra consideración social que a simplemente crematística a curto prazo e brutalmente capitalista en favor de moi concretos grupos e intereses privados, en realidade remata sendo ruinosa para Galicia e para todos os galegos e galegas. Pois esixe desprezar a riqueza natural do bosque autóctono, rematar co patrimonio forestal natural, degradar o entorno, desertizar o rural, acabar coa diversidade biolóxica, reducir o chan fértil a unha capa cada ano máis estreita …. e, con todo iso, construír unha inmensa pira inflamable, á espera do chispazo que desencadee en cada ocasión o gran incendio.
Xa que houbo un tempo en que Galicia posuía un vasto, fermoso e fértil bosque atlántico, as masas forestais que agora se queiman pertencen a un bosque ao que previamente se degradou e empobreceu, ata o punto de transformalo nesta inmensa pira, que hoxe contemplamos con desesperación.
O que nestes últimos anos transforma cada chispa orixinal, intencionada ou non, nun devastador incendio, non é só, nin principalmente, a vontade do incendiario ou do pirómano, que tamén, senón os intereses económicos -e políticos que lles serven- que veñen reducindo o patrimonio natural galego á penosa situación actual. Sen dúbida, localizar aos pirómanos e incendiarios e extinguir os lumes activos é nestes momentos o urxente. Mais desenmascarar de inmediato aos delincuentes que fabrican cada día e dende os despachos oficiais a desgraza actual, é o preciso. As masas forestais que agora se queiman pertencen a un bosque ao que previamente se tiña degradado e empobrecido, converténdoo nunha enorme fogueira presta a inflamarse con calquera chispa.
Estamos cansos de ver como se destrúe repetidamente o noso país, en aras dos intereses do Capital e dos grupos políticos que servilmente se lles someten. Estamos fartas de tanta marea negra e de tanta cinza gris. Estamos cansos de tanto petróleo e de tanto eucalipto. De tanto Prestige e tanto Ence. De tanto capitalismo e tanto Estado, ambos perfectamente inútiles para organizar con xustiza a vida social.
Só haberá un xeito eficaz de atallar os incendios que asolan Galicia dende fai décadas. En primeiro lugar e antes que nada, afanándose por controlar e apagar os hoxe activos. Máis enseguida e sen pausa, denunciando a complicidade dos sucesivos gobernos galegos -dos anteriores e do actual- con aqueles intereses industriais e financeiros que en definitiva lles ditan a funesta política forestal que han aplicar.
Do mesmo modo que defendemos e esiximos unha sanidade e ensino públicos, tamén esiximos que o recoñecemento da propiedade privada dos montes implique, antes que ningunha outra cousa, que a súa explotación se faga en condicións tais que respecten a súa utilidade social, garantan un medio ambiente san e aseguren o gozo común do patrimonio colectivo.

CGT de Galicia

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email