post

 

A CGT da Coruña manifesta todo o seu apoio e solidariedade coa emisora comunitaria coruñesa CUAC FM.
CUAC FM representa, nos seus máis de 20 anos de existencia, un espazo de liberdade e autoxestión da comunicación, que tantas veces se fixo eco das mobilizacións e loitas emprendidas por este sindicato: cobertura de folgas xerais, información de conflictos sindicais como os do sector do telemarketing, e sociais como a defensa dun ferrocarril público e social, por citar algúns.
Un exemplo de compromiso social coa liberdade de expresión que agora fica ameazado polo expediente da Xunta de Galicia que levou ao cese o pasado domingo das súas emisións en FM.
As liberdades conquístanse coa loita e os dereitos deféndense có seu teimudo exercizo, por riba de imposicións e limitacións por parte do poder.
Por isto, dende a CGT da Coruña apoiamos a loita pola volta ás ondas radiofónicas coruñesas de CUAC FM. #CuacResiste

Share on FacebookTweet about this on Twitter