post

 

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública da Coruña ten convocada unha concentración diante do Centro de Especialidades do Ventorrillo o mércores, día 13, ás 12 horas.  

A CGT da Coruña apoia esta mobilización e as que se fagan contra o contido da nova Lei de Sanidade presentada polo goberno de Feijóo. A desaparición de Áreas Sanitarias e, o que é peor, a entrada na sanidade pública de organizacións coma a Fundación Idis, entidade privada cuxo único interés é o lucro, así como o desmantelamento de varios CEIP e o incremento dos centros concertados, fan imprescindibles a mobilización.

A CGT da Coruña convoca aos afiliados que poidan asistir, así coma a simpatizantes e pobo en xeral a que acudan á concentración.

Máis información, picando aquí: https://defensasanidade.wordpress.com/2017/09/07/naturezaenperigo-7/#more-4682

Comité Local da CGT da Coruña

Comparte esta noticia...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Share on LinkedIn
Linkedin
Print this page
Print
Email this to someone
email