post

 

As traballadoras da limpeza da empresa CLECE convocan dúas xornadas de FOLGA, dende o Domingo 3 de Setembro as 6h, ata o Martes 5 de Setembro as 6h, pola situación e deterioro das súas condicións de traballo, e incumprimentos reiterados baixo o amparo de PSA Vigo, empresa onde desenvolven os traballos de limpeza.

Calendario de mobilizacións:

Domingo 3:

– Manifestación ás 12:30h dende a portaría principal de Citroën ata Castrelos, e posterior concentración na porta ata as 14:30h.

– Concentración na portaría principal de PSA dende as 21h ata as 22h.

Luns 4:

 – Concentración na sede central de CLECE en Praza América Nº-1, dende as 11h ata as 12h.

– Manifestación as 12h dende dita praza a portaría de principal de PSA.

– Concentración portaría PSA dende as 13:30h  as 14:30h.

– Manifestación ás 20:30h dende a portaría principal concentración ata as 22:30h.

 

Share on FacebookTweet about this on Twitter