post

 

Chamamento de CGT-Pontevedra e as seccións sindicais de CGT-Unipost a participar na concentración en solidariedade coa compañeira Ana, traballadora de UNIPOST en Santiago, despedida o mesmo día que comunicou a empresa que estaba embarazada. A movilización terá lugar en Pontevedra este venres, 21 de xullo.

Solidariedade con Ana

¡En defensa de todas as persoas inxustamente agraviadas!

¡Para que a violencia empresarial e institucional non quede impune!

Concentración, 21 xullo, 20:30h, Praza da Peregrina

            Ana M.P.G., traballadora da empresa UNIPOST e membro da sección sindical de CGT no centro de traballo de Santiago de Compostela, decidiu comunicar á empresa que estaba embarazada. Ao finalizar a súa xornada laboral, o seu xefe comunícalle a rescisión do contrato e o despido.

Non conforme Unipost con manter aos seus traballadores nun estado de precariedade e emerxencia social permanente, non pagar en mes e tempo os salarios que lles adeuda e bloquear sistemáticamente a negociación do convenio, UNIPOST atenta agora contra os dereitos fundamentais dos traballadores discriminando a unha compañeira polo simple feito de estar embarazada.

Para a CGT, este feito é intolerable, que non estamos dispostos a consentir. En tanto Ana non se reintegre ao seu posto de traballo, non pararemos as movilizacións contra a violencia impune que está levando a cabo esta patronal contra a clase traballadora, contra Ana, contra todos e todas nos.

En solidariedade con Ana, en defensa de tódalas persoas inxustamente agraviadas pola conducta empresarial, en defensa tamén propia, participa na concentración.

 

Comité Local CGT-Pontevedra

 

Share on FacebookTweet about this on Twitter