post

 

O 1º de Maio, a CGT, con outros sindicatos do bloque combativo, Cut, Steg, S. Ferroviario, S. de Elevación e S. de Xornalistas, sairá de novo á rúa, a reivindicar “Pan, Traballo, Teito e Igualdade”, porque a loita está na rúa, e non nos despachos. A manifestación partirá da Praza Fernando o Católico ás 11h da mañá, e finalizará na chaira da Praza do Rei, no Cortello de Vigo, diante do Campamento Dignidade, que desde hai xa dous meses, vén loitando para ser recibidos a fin de afrontar a procura de solucións aos Desafiuzamentos, unha alternativa de vida para os Sen Teito que viven na rúa e analizar os problemas do Albergue Municipal da C/Valterra. Con esta medida, pretendemos mostrar a nosa Solidariedade, Compañeirismo, Apoio Mutuo e o compromiso de non cejar no noso empeño de seguir loitando ata a vitoria.

Convidamos a todos os colectivos sociais, a sumarse a esta manifestación, que poñerá en valor esta xornada de loita que tanto significado para a clase traballadora en xeral, e para o Anarcosindicalismo en particular. Xornada de loita, que non festiva, que ha de ser un acicate para recobrar máis forza, a fin de camiñar cara ao 27 de Maio, outra xornada de loita que ha de levarnos a Madrid, coas Marchas da Dignidade.

Saúde

Share on FacebookTweet about this on Twitter